Morcego rateiro mediano
Morcego rateiro mediano | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
|||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] |
|||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Myotis blythii Tomes, 1857 |
|||||||||||||||||||
Distribución de Myotis blythii.
|
|||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
O morcego rateiro mediano (Myotis blythii) é unha especie de quiróptero da familia Vespertilionidae. Confúndeselle habitualmente coas especies Myotis myotis e Myotis punicus, aínda que é máis esvelto e cun fociño máis fino. Unha mancha branca no pelame frontal tamén axuda a diferencialo.
Distribución[editar | editar a fonte]
Habita dende Portugal en todas as penínsulas mediterráneas europeas. Tamén no sur e o centro de Francia, en Suíza, conca do Danubio, sur de Ucraína, até o norte da India e Manchuria ao leste.
Hábitat[editar | editar a fonte]
É unha especie típica de estepas e pradarías, que se espallaou usando os prados de sega e pasteiros artificiais. Emprega como refuxios cavidades subterráneas e en menor medida faiados de edificios, sotos e bunkers. En época de cría forman grandes colonias, que se disgregan a finais de agosto, sendo semellante aos costumes de M. myotis. Aliméntase de ortópteros e saltóns, pousados nos talos altos, tamén sobre as árbores e nas follas destes.
Ameazas[editar | editar a fonte]
Especialmente as derivadas da destrución ou molestias en refuxios, xa sexa por intrusión de persoas ou restauración de edificios; ao criar en grandes colonias a mortalidade, por mala xestión de accesos aos seus refuxios, sobre todo de cría, é habitualmente moi elevada.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Hutson, A.M., Spitzenberger, F., Aulagnier, S., Juste, J., KarataÅŸ, A., Palmeirim, J. & Paunović, M. "Myotis blythii". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- (en castelán)'' Myotis blythii no Atlas da biodiversidad do Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en pdf.
- ''(en inglés)'' Myotis blythii en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Morcego rateiro mediano ![]() |
|