Morbid Angel
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
| Morbid Angel | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Xénero
| |||||
|
Composto por
| |||||
|
Caracterizado por
| |||||
|
Selo discográfico
| |||||
| Obra | |||||
|
Discografía
| |||||
| Datas | |||||
|
Inicio de actividade
| |||||
|
Data de fundación
| |||||
| Localización | |||||
|
Lugar de formación
| |||||
|
País de orixe
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
|
Páxina WEB
| |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
Morbid Angel é un grupo de death metal procedente de Florida, Estados Unidos. É considerada como banda pioneira dentro do estilo xunto a bandas como Death, Vader, Deicide, Obituary, Possessed e Cannibal Corpse. Foi formada en 1983.
Membros
[editar | editar a fonte]- Trey Azagthoth - Guitarra, sintetizador, teclados, coros (1983 - presente)
- Pete Sandoval - Batería, percusións (1988 - presente)
- David Vincent - vocais, baixo (1986 - 1996, 2004 - presente)
- Destructhor - Guitarra rítmica (2008- presente)
Historia
[editar | editar a fonte]Trey Azagthoth xunto a Mike Browning e David Vincent comezan un grupo musical chamado Morbid Angel co disco Abominations of Desolation, pero este non sería sacado ata varios anos máis tarde, polo que o seu primeiro disco oficial é Altars of Madness, editado en 1989, que coas súas guitarras a voz de Vincent fixérono un son novo e rechamante dentro do estilo.
Logo virían traballos como Blessed are the Sick en 1991 e Covenant en 1993. Morbid Angel foi a primeira banda de death metal que asinaba cunha discográfica importante ao facer Covenant.
Domination converteuse na súa obra capital e nun dos discos alicerces dun xénero que xa empezaba a esgotarse, expandiendo e fundamentando todo aquilo que antes realizaran.
Formulas Fatal to the Flesh supuxo o regreso a un son menos técnico e máis primitivo e brutal, seguido por Gateways to Annihilation, integrando novos tipos de voces e guitarras. Aínda que a formación tivo varios cambios ao pasar os anos, o son de Morbid Angel non presentou gran variación.
Como dato curioso, o nome dos seus discos están ordenados por orde alfabético segundo a data de creación, ademais no disco Formulas Fatal to the Flesh ten tres letras F que significa 666 xa que a letra F é a sexta no abecedario.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Altars of Madness | 1989 | Earache Records |
| Blessed are the Sick | 1991 | Earache Records |
| Covenant | 1993 | Giant Records |
| Domination | 1995 | Giant Records |
| Formulas Fatal to the Flesh | 1998 | Earache Records |
| Gateways to Annihilation | 2000 | Earache Records |
| Heretic | 2003 | Earache Records |
| llud Divinum Insanus | 2011 | Season of Mist |
| Kingdoms Disdained | 2017 | Silver Lining Music |