Monumento ecuestre a Gattamelata (Donatello)
Monumento ecuestre a Gattamelata | |
---|---|
![]() | |
Artista | Donatello |
Data | 1453 |
Técnica | Escultura en bronce |
Dimensións | 340 cm × 390 cm |
O Monumento ecuestre a Gattamelata é unha estatua en bronce de Donatello, situada na Praza do Santo en Padua. É unha das primeiras e máis importantes estatuas ecuestres de todo o Renacemento[1].
Cando morre Erasmo da Narni, en 1443, as autoridades venecianas contrataron a Donatello para erguer a obra en Padua. No seu momento supuxo un pequeno escándalo porque as obras ecuestres eran propias, exclusivamente, de emperadores[2].
Está representado como cando tiña trinta anos (no momento do traballo de Donatello, tiña sesenta, en realidade), e semella sereno e decidido, co bastón de mando na man dereita. A armadura imitaba os modelos romanos, aparecendo na coiraza unha Vitoria alada, e incluíndo elementos da época como a longa espada. O outro elemento importante da obra é o cabalo polo porte e o tamaño, pois semella totalmente controlado con tranquilidade polo xinete.
No pedestal, de mármore, pode verse a sinatura do autor: "Opus Donatello, Flo"[3] (Realizado por Donatello de Florencia).
A obra foi rematada e develada en 1453, dez anos despois da morte de Gattamelata[4]

Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monumento ecuestre a Gattamelata ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Alegre Carvajal, Esther; Tusell García, Genoveva; López Díaz, Jesús (2011). Técnicas y medios artísticos (en castelán). Madrid: Editorial Universitaria Ramón Areces. ISBN 978-84-9961-002-3.
- Álvaro López, Milagros (2009). Historia del arte (en castelán). Madrid: Anaya. ISBN 9788466761772.
- Döpp, Hans-Jürgen; Thomas, Joe A.; Charles, Charles (2014). 1000 Obras de Arte Erótico (en castelán). Arganda del Rey: Parkstone International (para lengua castellana EDIMAT, S.A.). ISBN 978-1-78310-414-7.
- Hiriart, Hugo (1993). Disertación sobre las telarañas: y otros escritos (en castelán). México D.F.: Ediciones Era. ISBN 968-411-308-0.
- Wirtz, Rolf C. (1998). Donatello 1386-1466 (en alemán). Colonia: Könemann. ISBN 3-8290-0244-0.
![]() |
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |