Monumento Natural dos Volcáns de Teneguía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Volcán Teneguía

O Monumento Natural dos Volcáns de Teneguía é unha zona protexida da illa da Palma, en Canarias, situada no municipio de Fuencaliente de La Palma.

Foi creado pola Lei 12/1987 de 19 de xuño, pola que se declaraban os espazos protexidos de Canarias. Segregouse do Parque Natural de Cumbre Vieja pola Lei 13/1994 de 22 de decembro. Protexeuse para preservar os espectaculares conos e coladas de erupcións históricas e prehistóricas que ocorreron nel. Entre elas as do Volcán Teneguía e o Volcán de Fuencaliente. Ademais posúe unha interesante mostra de biodiversidade en terreos recentemente formados, como Anataelia lavicola, brións e "bejeque". O parque cobre 857,4 hectáreas.