Monty Python's The Meaning of Life
O Senso da Vida | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Monty Python's The Meaning of Life |
Director | Terry Jones |
Produtor | John Goldstone |
Guión | Graham Chapman John Cleese Terry Gilliam Eric Idle Terry Jones Michael Palin |
Intérpretes | Graham Chapman John Cleese Terry Gilliam Eric Idle Terry Jones Michael Palin |
Música | John Du Prez |
Fotografía | Peter Hannan |
Montaxe | Julián Doyle |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 1983 |
Duración | 103 minutos |
Orixe | Reino Unido |
Xénero | Comedia |
Orzamento | $9,000,000 |
Filme anterior | Monty Python Live at the Hollywood Bowl |
Na rede | |
|
Monty Python's The Meaning of Life (en galego, O Senso da Vida) é o cuarto filme do grupo de comedia inglés Monty Python, estreada en 1983. Dirixida por Terry Jones, o seu guión foi escrito polos seis Monty Python: Terry Jones, Terry Gilliam, Eric Idle, John Cleese, Michael Palin e Graham Chapman. Con cancións de Eric Idle, o filme foi un éxito.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A cinta, que mostra o humor dos Python, xa un selo de marca, é unha serie de sketches que pretenden, dun xeito satírico, mostrar as diferentes etapas da vida e chegar á conclusión sobre o senso da mesma. O nacemento, a educación, a continxencia, a idade madura, a enfermidade e a morte son temas que se tratan de maneira irreverente polos Python, nun ton de comedia musical surrealista. Os Monty Python prometeron que ían ofender a todo o mundo e cumprírono: políticos, patriotas, burgueses e obreiros, católicos e protestantes, crentes e ateos, ou, o que é o mesmo, a anarquía levada ó humor.
Terry Gilliam aporta a súa excéntrica imaxinería visual na curtametraxe que precede ó filme, inspirado nunha historieta do francés Philippe Cazaumayou de 1977. Este interromperá logo sen previo aviso á metade do filme, toque clásico de Gilliam.
O filme mostra outros dos máis logrados sketches dos Python, como o do xeneral inglés que perde unha perna ou o dos trasplantes de órganos, ademais de números musicais como "Every Sperm Is Sacred" (Todo esperma é sagrado) e "The Penis Song" (A canción do pene).
Repercusións
[editar | editar a fonte]A pesar do indubidábel éxito comercial e de crítica, "O Senso da Vida" marcou o final dos Monty Python. O grupo debateu a posibilidade de reformar o guión engadindo un personaxe central ó que seguir durante toda a rodaxe, idea rexeitada por John Cleese que estaba canso do proxecto. O único personaxe común en tódolos filmes do grupo británico é Deus, tema que lles valeu moitas acusacións de blasfemia.
Posteriormente Cleese manifestou o seu desagrado respecto ó resultado final, feito que puido precipitar a disolución do grupo, teoría apoiada polos comentarios de Cleese no documental "Que senso tivo rodar O Senso da Vida", que aparece entre os extras da edición especial do DVD.
Despois do filme cada un procurou o seu camiño, algúns viviron á sombra do seu antigo éxito mentres que outros fixéronse aínda máis populares.
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- Festival de Cine de Cannes: Premio especial del Xulgado (1983).
- Nomeada á Palma de Ouro ó Mellor Director.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Filmaffinity (en castelán)
- Ficha na IMDb (en inglés)