Montserrat García Chavarría
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Montserrat García Chavarría | |
---|---|
Nacemento | 3 de novembro de 1968 |
Lugar de nacemento | Riotorto |
Nacionalidade | España |
Ocupación | política e xuíza de paz |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Montserrat García Chavarría, nada en Riotorto o 3 de novembro de 1968, é unha política galega do PSdeG.

Papeleta das Xerais de abril de 2019.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xuíza de paz das Pontes de García Rodríguez entre 1991 e 2007, foi tamén voceira de Jurisgal, asociación provincial de xuíces de paz.[1] Foi concelleira nas Pontes de García Rodríguez e mais tenente de alcalde dende 2007 ata 2019, e deputada provincial da Coruña de 2007 e 2015. Dentro do PSdeG é secretaria de coordinación territorial do PSdeG provincial da Coruña.[2] Logo de ambas as eleccións xerais celebradas en 2019, entrou no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Somos la imagen de la justicia". La Voz de Galicia, 6 de maio de 2006
- ↑ "Quen é quen... no Congreso e o Senado?". Sermos Galiza, 29 de abril de 2019