Montreal Maroons
| Montreal Maroons | |
|---|---|
| Fundación | 1924 |
| Desaparición | 1938 |
| Cidade | |
| Estadio | Forum de Montréal (17 959 espectadores) |
| Liga | National Hockey League |
| División | Canadian |
| Campionatos | 2 Stanley Cups |
| Cores | Granate e branco |
Os Montreal Maroons era o sobrenome co que era coñecida unha franquía de hóckey sobre xeo da National Hockey League con sede en Montreal, na provincia de Quebec (Canadá). Oficialmente, o nome do equipo era Montreal Hockey Club. Os Maroons foron o último equipo non pertencente ao grupo dos "Original Six que gañou a Stanley Cup ata a tempada 1973-74, cando os Philadelphia Flyers alzaron o trofeo.
O equipo foi creado en 1924 para representar á comunidade anglófona da cidade, mentres que os Montreal Canadiens eran o equipo da comunidade francófona. Esta foi a primeira vez dende 1918, cando se retiraron os Montreal Wanderers, en que Montreal tivo un segundo equipo profesional de hóckey sobre xeo nas gandes ligas.
En total, 88 xogadores diferentes xogaron para os Maroons, sendo Nels Stewart e Reginald « Hooley » Smith os dous xogadores máis prolíficos do equipo con 185 goles e 647 minutos de penalización para o primeiro, e 151 asistencias e 281 puntos para o segundo. Jimmy Ward pola súa banda foi o xogador que máis veces vestiu a camisola do equipo, xogando 11 tempadas nos Maroons cun total de 496 partidos xogados. Clint Benedict foi o porteiro máis empregado polo equipo dos oito que compartiron o rol. Algúns dos mellores xogadores da época xogaron nos Maroons; once xogadores foron elixidos para o Hockey Hall of Fame, mentres que cinco dos seis adestradores que tivo o equipo foron tamén homenaxeados.
O equipo foi altamente competitivo e gañou dous títulos de campión da Stanley Cup, o trofeo máis importante da NHL, en 1926 e en 1935. Mais o equipo viuse obrigado a declararse en creba ao final da tempada 1937-38, e a Gran Depresión foi acabando pouco a pouco coas franquías máis fráxiles da NHL. A cidade de Montreal, que acollía tamén os Montreal Canadiens, non escapou da crise financeira: os investidores locais non puideron soster dous equipo profesionais e os Maroons cesaron as súas actividades definitivamente en 1947, deixando aos Canadiens como único representante da cidade na NHL.
Dende a desaparición dos Maroons ningún equipo da NHL que gañara a Stanley Cup nalgún momento da súa historia retirouse ou foi recolocado posteriormente.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundación
[editar | editar a fonte]
Durante a sétima tempada da National Hockey League, en 1923-24, tan só oito franquías competiron durante a liga regular. A cidade de Montreal, pola súa banda, carecía dun segundo club de hóckey profesional de alto nivel: os Canadiens eran o único equipo da cidade e representaran a poboación francófona da dende 1909. Dende xaneiro de 1909 non houbera ningún equipo representante da comunidade anglófona debido á desaparición dos Wanderers logo do incendio do seu estadio, o Westmount Arena, o 2 de xaneiro de 1918, logo de ter xogado tan só catro partidos da tempada inaugural da NHL.[1][2]
En marzo de 1922, a comunidade anglófona de Montreal mobilizouse para adquirir un equipo e construír un novo estadio. O grupo, coa axuda dos francófono Donat Raymond e William Northey, convenceu a Edward W. Beatty, daquela presidente de Canadian Pacific, para que lles axudara.[3] En xaneiro de 1924 fundouse a Canadian Arena Company Limited.[4] Lograron recadar os fondos necesarios para construír unha nova pista de xeo e adquirir o dereito a xogar na NHL. En efecto, os equipos da NHL nesa época posuían os dereitos territoriais que podían ceder a cambio dunha compensación, e Léo Dandurand, propietario dos Canadiens, aceptou vender a metade dos seus dereitos e perder a exclusividade do hóckey de alto nivel na cidade.[5] Dandurand vía interese tamén neste novo equipo por dous motivos: a construción dunha nova pista de xeo na que podería facer xogar o seu equipo en 1926[4] e, segundo as súas propias palabras, coa esperanza dunha rivalidade importante e lucrativa.[6]

Deste xeito, recadáronse 15 000 dólares, dos cales 10 000 foron para os Canadiens,[4] e construíuse un novo anfiteatro en 159 días: o Forum de Montréal.[6] De xeito infrecuente, foron os Canadiens o que inauguraron oo Forum o 29 de novembro de 1924 fronte os Toronto St. Patrick's. O seu estadio habitual, o Aréna Mont-Royal, non estaba listo para a nova tempada debido a problemas eléctricos que obrigaron á liga a trasladar o partido.[7]
O novo equipo directivo do equipo anglófono de Montreal estaba presidido por James Strachan, fundador dos Wanderers, asistido por Gordon Cushing no posto de vicepresidente e igualmente un antigo exécutive dos Canadiens: Cecil Hart. Este último converteuse no xerente do equipo.[8] Para preparar esta primeira tempada, a directiva do equipo fichou a dous xogadores tres veces campións da Stanley Cup cos Ottawa Senators: o porteiro Clint Benedict, así como o atacante Harry «Punch» Broadbent.[9] Os directivos do equipo querían chamar o equipo Wanderers, mais os dereitos do nome pertencían ao antigo xogador e directivo dos Wanderers orixinais, Dickie Boon.[4] Ao non chegar a un acordo con Boon, o novo club non adoptou ese nome e foi chamado oficialmente o Montreal Professionnal Hockey Club.[9]
1924-1925, os primeiros pasos na NHL
[editar | editar a fonte]
No inicio da nova tempada incluíronse dous novos equipos: os Boston Bruins, primeira franquía da historia da liga localizada nos Estados Unidos, e un segundo club de hóckey en Montreal.[10] O club non se chamaba Maroons, mais este sobrenome púxollo a prensa de Montreal logo do primeiro partido da súa historia. De feito, a noite do 1 de dezembro de 1924, os xogadores de Montreal, vestidos de granate, enfrontáronse aos Bruins no primeiro partido a historia da NHL disputado nos Estados Unidos, perdendo por 2 goles a 1.[11] O primeiro gol da historia da franquía anotouno por Chuck Dinsmore, un xogador novo de 21 anos. Dous días despois, os xogadores dos Maroons debutaron na casa ante 8 000 persoas, mais caeron por 2-0 fronte os Hamilton Tigers.[12]
Non foi ata o terceiro partido da tempada cando o novo equipo sumou a súa primeira vitoria. Este partido enfrontou os Maroons fronte o antigo equipo de Benedict e Broadbent, os Ottawa Senators. Este último rexistrou dous goles na vitoria por 3-1.[12] O 7 de xaneiro de 1925, Broadbent anotou cinco goles nun partido para levar o seu equipo á vitoria por 6-2 fronte os Hamilton Tigers,[13] e o 20 de xaneiro de 1925, o equipo rexistrou o seu primeiro shutout[a] da súa historia na pista dos Bruins, con Benedict detendo todos os disparos. Máis adiante na tempada conseguiu o seu segundo shutout contra os Tigers, futuros campións da liga regular, o seu primeiro shutout no Forum de Montréal.[14] Finalmente ao final dos trinta partidos da liga regular, o equipo sumou un total de tan só nove vitorias, dous empates e 19 derrotas. Polo tanto remataron quintos na liga regular, 8 puntos, mais 15 por detrás dos cuartos, os Senators, e con case a metade de puntos que os Tigers, que finalizaron a liga regular con 39 puntos.[15]
1925-1926, a primeira Stanley Cup
[editar | editar a fonte]Na segunda tempada, o adestrador do equipo e antigo xogador profesional Eddie Gerard deulle pulo ao rendemento do equipo ao asinar os primeiros contratos profesionais de xogadores mozos. En marzo, el o seu presidente asistiron á final da Allan Cup no Forum de Montréal, onde coñeceron a Albert Siebert, un xogador de 21 anos ao que ofreceron un contrato profesional inmediatamente despois de finalizar o encontro. Uns meses máis tarde, Nels Stewart tamén asinou un contrato co equipo; os Maroons conseguiron chegar a un acordo co xogador a pesar da oferta de 15 000 dólares por tres anos dos Saint-Patricks de Toronto.[16] Os dous xogadores foron colocados na primeira liña do equipo e convertéronse no punto de atención de todos durante o campamento de adestramento.[17]

Os Hamilton Tigers víronse obrigados a cesar as súas actividades logo de seren suspendidos durante os play-offs de 1925, e os New York Americans debutaron na NHL ocupando a praza do equipo de Ontario,[16] ao mesmo tempo que os Pittsburgh Pirates, o equipo do mesmo nome que a franquía de béisbol da cidade.[18]
A primeira proba do novo equipo tivo lugar durante a preparación da tempada cun partido amigable contra os Victoria Cougars, equipo da Western Hockey League[b] e vixente campión da Stanley Cup. Os Cougars xogaron un partido contra os Canadiens, que gañaron os xogadores da NHL por 5-3, e tamén contra os Maroons. Este último partido decidiuse do lado dos xogadores de Victoria cun marcador de 3-1.[17] Logo dunha derrota e unha vitoria, o terceiro partido da tempada 1925-26 dos Maroons foi fronte os Canadiens, equipo ao que nunca foran capaces de derrotar.[17] A pesar do gol inicial de Howie Morenz para os Canadiens, foron os Maroons os que se acabaron impoñendo por 3-2.[19]
Ao final da liga regular, os Maroons rexistraron 20 vitorias, 11 derrotas e 5 empates.[20] Das 20 vitorias do equipo, catro finalizaron cun shutout de Benedict ao non ter encaixado ningún gol[21] Os Maroons finalizaron na segunda posición da clasificación con 7 puntos menos que os Senators. O modo Stewart foi noticia durante toda a liga regular, anotando a maior cantidade de goles con 34, e liderando a clasificación de puntuadores cun total de 42 puntos conseguidos. Stewart conseguiu o Hart Memorial Trophy como MVP[c] da NHL.[20]
Os tres primeiros equipos da táboa clasificáronse para disputar as series da NHL: os Senators, os Maroons e os Pirates. Estes últimos dous equipos enfrontáronse na primeira rolda dos play-offs con partidos disputados nos Duquesne Gardens de Pittsburgh, mentres que unha multitude de seareiros congregouse diante do xornal de Montreal Daily Star para escoitar as novas anunciadas por un empregado do xornal. No primeiro partido, os Maroons gañaron por 3-1, mentres que o segundo finalizou con empate a tres goles entre os dous equipos, e finalmente os Maroonss gañaron a serie por 6-4 no reconto total de goles.[22]
Deste xeito Benedict e Broadbent enfrontáronse ao seu antigo equipo na final da NHL nunha serie moi disputada. Os dous equipo anotaron un só gol no primeiro partido; Broadbent anotou o gol do equipo de Montreal,[22] mentres que Benedict mantivo a súa portería a cero no segundo partido e Siebert marcou o único gol do encontre.[23] Os Maroons conquistaron o seu primeiro trofeo colectivo, o Prince of Wales Trophy[d] como mellor equipo da NHL.[24]
A final da Stanley Cup de 1926 foi a última da historia aberta a equipos que non formaban da NHL. Así, ao final da tempada 1925-26 da Western Hockey League, os Victoria Cougars finalizaron terceiros na clasificación, mais gañaron os play-offs da WHL e o dereito a xogar fronte os Maroons.[25]
Esta foi a primeira edición da final da Stanley Cup celebrada no futuro célebre pavillón do Forum de Montréal e a serie decantouse do lado local, que gañou o primeiro, o segundo e o cuarto partido, sufrindo tan só unha derrota no terceiro por 3-2. As tres vitorias dos Maroons foron tres shutouts (3-0, 3-0 e 2-0[21]) e Stewart, xa mellor xogador da tempada, continuou a súa racha goleadora marcando seis dos des goles do seu equipo.[26] Con esta vitoria dos Maroons, a NHL fíxose coa posesión da Stanley Cup de xeito definitivo, co cal nunca máis podería ser gañada por un equipo doutra liga.[27]
O equipo que se proclamou campión da Stanley Cup esa tempada foi o seguinte: [28]
- Porteiro: Clint Benedict
- Défenseurs: Dunc Munro, Toots Holway, Reg Noble et Babe Siebert
- Alas: Punch Broadbent, Frank Carson, et Sammy Rothschild
- Centros: Dinny Dinsmore, Merlyn Phillips et Nels Stewart
1926-1927, eliminados polos Canadiens
[editar | editar a fonte]Na tempada 1926-27 tres novos equipos estadounidenses ingresaron na NHL: os Chicago Black Hawks, os Detroit Cougars e os New York Rangers. Os dous primeiros equipos eran en realidade dous antigos equipos da WHL que desapareceu despois da tempada 2025-26: s Portland Rosebuds[29] e os Victoria Cougars, finalistas derrotados polos Maroons uns meses antes.[30].
Logo da chegada destes tres novos equipos, a NHL decidiu separar os equipos en dúas divisións de cinco equipos cada unha: a American Division e a Canadian Division, á que se uniron os Maroons. Paradoxicamente os New York Americans xogaron na Canadian Division, xa que o número de equipos estadounidenses era superior ao de canadenses.[31] O formato das series eliminatorias tamén se redeseñou: o segundo e o terceiro clasificados de cada división se enfrontaron unha rolda preliminar, e o ganador de cada serie por diferenza de goles enfrontouse na final da división ao primeiro da mesma.
Unha vez máis, ao finalizar a liga regular os Senatos finalizaron por diante dos Maroons, ao igual que o outro equipo da cidade de Montreal, os Canadiens. Stewart acabou como mellor puntuador do equipo, mais con tan só 21 puntos, non foi un dos dez mellores puntuadores da tempada, clasificación liderada polo xogador dos Rangers Bill Cook cun total de 37 puntos en 44 partidos.[32] Con trece shutouts e unha media de 1,42 goles por partido, Benedict consolidouse como un dos mellores porteiros da tempada.[33]
Os dous equipos do Forum de Montréal enfrontáronse nos cuartos de final da Stanley Cup. O equipo dos Canadiens xogara dende mediados da tempada precedente no estadio dos Maroons. Os Canadiens eran os favoritos para a vitoria, os goleadores do equipo rexistraran 28 goles máis que os dos Maroons na liga regular. A serie a dous partidos decantouse a favor do equipo francófono a pesar da resistencia dos Maroons: no primeiro encontro ambos equipos empataron a un gol, anotando o tanto dos Maroons Babe Siebert,[34] e logo de 60 minutoss de xogo no segundo partido, os dous equipos estaban empatados, mais sen que Benedict nin George Hainsworth, portier dos Canadiens, encaixaran ningún gol. Finalmente foi Howie Morenz o que rompeu o empate, anotando o gol da vitoria para os Canadiens logo de doce minutos de prórroga. Máis de 11 000 persoas ateigaron o Forum para asistir a este primeiro encontro de play-offs entre ambos equipos.[4] Os Canadiens acabaron perdendo na seguinte rolda fronte os Senators, os eventuais campións da Stanley Cup.
Identidade do equipo
[editar | editar a fonte]Logo e equipamento
[editar | editar a fonte]Como outros moitos dos primeiros equipos da National Hockey League, o uniforme dos Maroons era bastante sinxelo, cunha camisola granate coa letra "M" maiúscula branca bordada, primeira letra do nome da cidade, Montreal. Ademais, as camisolas contaban con varias raias brancas na parte inferior e os pulsos, cuxo número e ancho variaba segundo a tempada.[35]
Equipos afiliados
[editar | editar a fonte]As franquías da NHL teñen un cadro limitado por convenio, polo que contan cun ou máis equipos «afiliados» que cada ano compiten en ligas menos importantes. Isto permítelles recrutar xogadores xoves na repesca anual permitíndolles continuar o seu desenvolvemento sen comezar demasiado cedo. Ademais, estes equipos afiliados (tamén chamados clubs escola ou farm teams en inglés) constitúen unha reserva de talentos para as franquías da NHL, que os atraen a mercé das lesións e/ou a pobre formación do equipo. A excepción dos equipos propietarios do seu propio club escola, as afiliacións finalizan cun acordo contractual e non se conxelan no tempo. Dende os seus inicios, os Canadiens tiveron as seguintes afiliacións principais:[36][37]
| Período | Equipo | Liga |
|---|---|---|
| 1926-1928 | Stratford Nationals | IHL |
| 1928-1935 | Windsor Bulldogs | IHL |
| 1933-1934 | Quebec Castors | Can-Am |
Personalidades
[editar | editar a fonte]Xogadores
[editar | editar a fonte]Capitáns do equipo
[editar | editar a fonte]
Ao longo da súa existencia os Maroons tiveron un total de sete capitáns. O primeiro xogador en portar o "C" na súa camisola foi Harry «Punch» Broadbent durante a tempada inaugural da franquía. Nels Stewart, pola súa banda, foi o xogador que exerceu como capitán durante máis tempo con catro tempadas fronte as tres de Dunc Munro e Reginald Smith. A continuación todos os capitáns que tivo o equipo:
| Nome(s) | Período |
|---|---|
| Harry «Punch» Broadbent | 1924-1925 |
| Dunc Munro | 1925 a 1928 |
| Nels Stewart | 1928 a 1932 |
| Jimmy Ward | 1932-1933 |
| Reginald «Hooley» Smith | 1933 a 1936 |
| Lionel Conacher | 1936-1937 |
| Stew Evans | 1937-1938 |
Líderes históricos
[editar | editar a fonte]
En total, 88 xogadores vestiron a camisola dos Maroons, Nels Stewart e Hooley Smith foron os dous xogadores máis prolíficos do equipo con 185 goles e 647 minutos de penalización por 151 pases decisivos e 281 puntos do segundo. Jimmy Ward foi o xogador que máis partidos e durante máis tempo vestiu a camisola granate dos Maroons: xogou once tempadas co equipo para un total de 496 partidos. Clint Benedict foi o porteiro máis empregado polo equipo entre os oito que compartiron o posto. A continuación os dez máximos puntuadores da historia da franquía:[38]
| Xogador | PX | G | A | Pts | PIM |
|---|---|---|---|---|---|
| Reginald «Hooley» Smith | 388 | 130 | 151 | 281 | 632 |
| Jimmy Ward | 496 | 143 | 124 | 267 | 465 |
| Nels Stewart | 290 | 185 | 68 | 253 | 647 |
| Lawrence «Baldy» Northcott | 401 | 128 | 105 | 233 | 264 |
| Dave Trottier | 435 | 120 | 112 | 232 | 501 |
| Earl Robinson | 359 | 73 | 88 | 161 | 116 |
| Albert «Babe» Siebert | 287 | 83 | 74 | 157 | 619 |
| Herb Cain | 212 | 53 | 61 | 114 | 71 |
| Bob Gracie | 174 | 44 | 66 | 110 | 89 |
| Russ Blinco | 220 | 56 | 54 | 110 | 22 |
Membros do Hall of Fame
[editar | editar a fonte]Xogadores
[editar | editar a fonte]12 xogadores dos Maroons forman parte do Hall of Fame:[39]
| Xogador | Nacionalidade | Posición | Ano de entrada |
|---|---|---|---|
| Clint Benedict | G | 1965 | |
| Toe Blake | LW | 1966 | |
| Georges Boucher | D | 1960 | |
| Punch Broadbent | RW | 1962 | |
| King Clancy | D | 1958 | |
| Lionel Conacher | D | 1994 | |
| Alec Connelll | G | 1958 | |
| Red Dutton | |
D | 1958 |
| Reg Noble | C | 1962 | |
| Babe Siebert | LW/D | 1964 | |
| Hooley Smith | C/RW | 1972 | |
| Nels Stewart | C | 1962 |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Trofeos colectivos
[editar | editar a fonte]- Stanley Cup

Actualmente a Stanley Cup é o trofeo final para un equipo na NHL, entregada ao campión das series eliminatorias da liga dende a tempada 1926-27.[40][e]
Os Maroons gañaron dúas veces a Stanley Cup nas tempadas 1925-1926 e 1934-1935.[41]
- O'Brien Trophy
O O'Brien Trophy foi un trofeo retirado de hóckey sobre xeo que era entregado na National Hockey Association (NHA) e na National Hockey League (NHL) dende 1910 ata 1950. A Copa ten sido entregada baixo catro definicións. Os Maroons conquistaron dúas veces o galardón como campións da Canadian Division nas tempadas 1929-1930 e 1935-1936.[42]
- Prince of Wales Trophy
Entregado por primeira vez na tempada 1923-24, dende a tempada 1993-1994, entrégase o Prince of Wales Trophy ao equipo gañador da final da Conferencia Leste durante os play-offs. O Prince of Wales Trophy é o trofeo que máis veces mudou o seu significado ao longo da historia da NHL. Os Maroons gañaron o trofeo nunha ocasión como campións dos play-offs da NHL na tempada 1925-1926.[43]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Un porteiro rexistra un shutout cando non encaixa ningún gol nun partido. Ademais debe ser o único porteiro do equipo que xogara.
- ↑ A Western Canada League da época foi unha liga pofesional entre 1921 e 1926, e non debe confundirse coa liga júnior da Canadian Hockey League, a Western Hockey League.
- ↑ O título en inglés de Most Valuable Player, frecuentemente abreviado como MVP, designa o mellor xogador dunha liga ou campionato.
- ↑ Dende esa tempada o Prince of Wales Trophy mudou de definición numerosas veces. Premiou sucesivamente o campión da American Division, o equipo campión da liga regular, o campión da East Division durante a tempada, o equipo campión da Wales Conference durante a tempada, o equipo campión desta mesma conferencia ao final dos play-offs, e finalmente, dende 1994, o equipo campión da Conferencia Leste ao final dos play-offs.
- ↑ Antes da tempada 1926-27, outros equipos non afiliados á NHL estaban autorizados a competir pola Stanley Cup.
- Referencias
- ↑ Brown 2006, p. 10.
- ↑ Diamond 1998, p. 211.
- ↑ Brown 2006, p. 11.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Diamond 1998, p. 208.
- ↑ Bonneau & Hafsi 1996, p. 38.
- ↑ 6,0 6,1 Brown 2006, p. 42.
- ↑ Diamond 1998, p. 202.
- ↑ Brown 2006, p. 12.
- ↑ 9,0 9,1 Brown 2006, p. 29.
- ↑ Diamond 1998, p. 262.
- ↑ Diamond 1998, p. 144.
- ↑ 12,0 12,1 Brown 2006, p. 43.
- ↑ "Punch Broadbent" (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 16 de novembro de 2025.
- ↑ "1924-25 Montreal Maroons (9-19-2)" (en inglés). shrpsports.com. Consultado o 16 de novembro de 2025.
- ↑ Diamond 1998, p. 71.
- ↑ 16,0 16,1 Brown 2006, p. 49.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 Brown 2006, p. 54.
- ↑ Brown 2006, p. 50.
- ↑ Brown 2006, p. 55.
- ↑ 20,0 20,1 Brown 2006, p. 70.
- ↑ 21,0 21,1 "Clint Benedict" (en inglés). Hockey Hall of Fame . Consultado o 21 de novembro de 2025.
- ↑ 22,0 22,1 Brown 2006, p. 72.
- ↑ Brown 2006, p. 73.
- ↑ Brown 2006, p. 74.
- ↑ "1925-26 Western Hockey League Standings" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 21 de novembro de 2025.
- ↑ Erro na cita: Etiqueta
<ref>non válida; non se forneceu texto para as referencias de nomelegends_stewart - ↑ "STANLEY CUP. MONTREAL MAROONS. 1925-26" (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 21 de novembro de 2025.
- ↑ "Cadro de xogadores dos Montreal Maroons na tempada1925-26" (en inglés). NHL.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2010. Consultado o 19 de novembro de 2025.
- ↑ "Chicago Blackhawks" (en inglés). sportsecyclopedia.com. Consultado o 21 de novembro de 2025.
- ↑ "Detroit Red Wings 2008-09 Media Guide" (PDF) (en inglés). Detroit Red Wings. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de decembro de 2008. Consultado o 21 de novembro de 2025.
- ↑ "1926-27 National Hockey League Standings" (en inglés). hockeydb.com/. Consultado o 21 de novembro de 2025.
- ↑ "NHL 1926-27 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com/. Consultado o 21 de novembro de 2025.
- ↑ "Stats" (en inglés). NHL.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2014. Consultado o 21 de novembro de 2025.
- ↑ "Montreal Maroons 1926-27 roster and statistics" (en inglés). hockeydb.com/. Consultado o 21 de novembro de 2025.
- ↑ "Imaxes dos xogadores dos Maroons" (en inglés). sportsecyclopedia.com/. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2005. Consultado o 14 de novembro de 2025.
- ↑ www.hockeydb.com (ed.). "Montreal Maroons [NHL] Farm Teams" (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2025.
- ↑ Brown 2006, p. 139.
- ↑ "Montreal Maroons all-time player list" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 11 de novembro de 2025.
- ↑ Hockey Hall of Fame (ed.). "Legends of Hockey - Team: Montreal Maroons" (en inglés). Consultado o 1 de novembro de 2025.
- ↑ Hockey Hall of Fame. "Stanley Cup History" (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2025.
- ↑ Hockey Hall of Fame. "Winner Profiles" (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2025.
- ↑ "O'Brien Trophy" (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 13 de novembro de 2025.
- ↑ Hockey Hall of Fame. "Prince of Wales Trophy" (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brown, William (2006). The Montreal Maroons: The Forgotten Stanley Cup Champions (en inglés). Montreal: Véhicule Press. ISBN 978-1-55065-128-7.
- Coleman, Charles L. (1964). The Trail of the Stanley Cup, Volume 1: 1893–1926 inc. (en inglés). Dubuque, Iowa: Kendall/Hunt Publishing. ISBN 0-8403-2941-5.
- Coleman, Charles L. (1969). The Trail of the Stanley Cup, Volume 2: 1927–1946 inc. (en inglés). Sherbrooke, Quebec: Progressive Publications Incorporated.
- Diamond, Dan; Zweig, Eric (1998). Total Hockey (en inglés). National Hockey League. ISBN 0-8362-7114-9.
- Holzman, Morey; Nieforth, Joeseph (2002). Deceptions and Doublecross: How the NHL Conquered Hockey (en inglés). Toronto: Dundurn Press. ISBN 1-55002-413-2.
- Jozsa, Frank (2006). Big Sports, Big Business: A Century of League Expansion, Mergers and Reorganizations (en inglés). Westport, Connecticut: Praeger Publishers. ISBN 0-27599-134-2.
- Leonetti, Mike (2003). Canadiens Legends: 95 Years of Montreal's Hockey Heroes (en inglés). Vancouver: Raincoast Books. ISBN 1-55192-731-4.
- McNeil, Marc T. (10 de abril de 1935). "Maroons Thrill to First Stanley Cup Win in Nine Years". The Gazette (en inglés) (Montreal).
- Quirk, James P.; Fort, Rodney D. (1997). Pay Dirt: The Business of Professional Team Sports (en inglés). New Haven, Connecticut: Princeton University Press. ISBN 978-2-9505164-7-3.
- Ross, J. Andrew (2015). Joining the Clubs: The Business of the National Hockey League to 1945 (en inglés). Syracuse University Press. ISBN 9780815633839.
- Wong, John Chi-Kit (2005). Lords of the Rinks: The Emergence of the National Hockey League, 1875 – 1936 (en inglés). Toronto: University of Toronto Press. ISBN 978-0-8020852-0-7.
- Wright, Marshall D. (2010). The National Hockey League, 1917–1967: A Year-by-Year Statistical History (en inglés). MacFarland & Company. ISBN 978-0-444-47864-1.
- "Maroons to continue with Franchise in city of Montreal". Saskatoon Star-Phoenix (en inglés) (Saskatoon, Saskatchewan). Canadian Press. 18 de setembro de 1937.
- "Lionel Conacher forsook puck for Ontario political career". The Vancouver Sun (en inglés) (Vancouver). 7 de outubro de 1937.