Monte da Mesa (constelación)
| Monte da Mesa | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||
|
Epónimo
| |||||||||
|
Parte de
| |||||||||
| Características físicas | |||||||||
| Superficie | 153 °² | ||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Descubridor/a
| |||||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||||
|
Data descuberta
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||

Mensa ou Mesa[1] é unha constelación austral, que foi inserida por Nicolas Louis de Lacaille baixo o nome de Mons Mensae; o nome fai referencia especificamente ó monte Table Mountain (equivalente literal a Mons Mensae en latín) en Suráfrica, dende onde Lacaille fixo importantes observacións do ceo austral. A constelación non conten estrelas brillantes, así Alpha Mensae a súa estrela máis brillante é apenas visible cunha magnitude 5.09, facendo dela a constelación menos visible no firmamento, pero conten parte da Gran Nube de Magallanes (o resto atópase na constelación de Dorado).
A constelación forma unha cuña en forma de chave no ceo e estendese dende aproximadamente 4 h ata 7,5 h en ascensión recta, e de 71 a 85,5 graos de declinación. Á parte da constelación sur polar de Octans, é a máis austral das constelacións. Debido a isto, é esencialmente inobservable dende o Hemisferio norte. Ademais das xa mencionadas, outras constelacións veciñas son: Chamaeleon, Hydrus e Volans.
A primeira imaxe tomada polo Observatorio de raios X Chandra foi de PKS 0637-752, un quásar en Mensa cunha gran cantidade de gas visible tanto no espectro visible coma no de raios X.
Historia
[editar | editar a fonte]Dado que foi ideada no século XVII, e que se atopa no hemisferio sur, non foi visible para os pobos do Mediterráneo ou culturas antigas, polo tanto non hai mitoloxía asociada a esta constelación.
Estrelas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de outubro de 2016. Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monte da Mesa |