Monte Whitney

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 36°34′43″N 118°17′31″O / 36.578580925, -118.29199495

Cara leste do monte Whitney dende Whitney Portal

O monte Whitney é a cima máis elevada dos Estados Unidos contiguos, cunha altitude de 4421 metros. Está situado nos límites dos condados californianos de Inyo e Tulare.[1] A ladeira oeste da montaña remata no Parque Nacional Sequoia.

A montaña recibiu o seu nome de Josiah Whitney, xefe do departamento de xeoloxía de California.[2] A primeira ascensión realizárona Charles Begole, A. H. Johnson e John Lucas en 1873.[2]

O monte Whitney está situado uns 135 quilómetros ao oeste do punto máis baixo de Norteamérica, a Conca Badwater (86 metros por baixo do nivel do mar) no parque nacional do Val da Morte.[3]

Xeografía[editar | editar a fonte]

A cima do monte Whitney está preto de moitos dos picos máis altos da Serra Nevada. Este cumio elévase drasticamente 3285 metros por riba da localidade de Lone Pine situado no val Owens, a uns 24 quilómetros ao leste.[4] A montaña levántase máis levemente no lado oeste, só chegando a 910 metros por riba do carreiro John Muir para atravesar o lago Guitar.[5]

A montaña elévase en forma de cúpula e algo máis chá por unha banda, con cristas dentadas doutra.[6] O monte Whitney atópase por riba do límite do bosque e ten un clima alpino. Hai moi poucas plantas que medren preto da cima. Os únicos animais son transitorios, como a bolboreta apolo (Parnassius phoebus) e o pimpín rosado de coroa gris.[7]

Sendeirismo[editar | editar a fonte]

Camiño cara ao monte Whitney

A ruta máis popular para chegar á cima é a través do carreiro Mount Whitney (Mount Whitney Trail) que comeza en Whitney Portal a unha altitude de 2250 metros e unha distancia de 21 quilómetros ao oeste da localidade de Lone Pine. A camiñada é duns 34 quilómetros de ida e volta, cun desnivel positivo de máis de 1900 metros, que pode levar de dous a tres días. Precísanse permisos todo o ano, mais dispoñibles en cantidades limitadas para evitar o uso excesivo dende o primeiro de maio ata o primeiro de novembro. O Servizo Forestal dos Estados Unidos (USFS) pon en marcha un sorteo anual para os permisos emitidos en números limitados dende o primeiro de febreiro ata o 15 de marzo. O carreiro John Muir (John Muir Trial) proporciona unha ruta máis longa no Whitney, chegando á beira oeste da montaña e conectando co carreiro Mount Whitney preto da cima.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

 

  1. "Find Distance and Azimuths Between 2 Sets of Coordinates". Federal Communications Commission. Consultado o 21 de decembro de 2016. Coordinates of Mount Whitney = 36.578581, -118.291995 and Badwater Basin = 36.250278, -116.825833 
  2. 2,0 2,1 Farquhar, Francis P. (1926). Place Names of the High Sierra. San Francisco: Sierra Club. Consultado o 12 de agosto de 2007. 
  3. "Death Valley National Park, Frequently Asked Questions". National Park Service. Consultado o 21 de decembro de 2016. Badwater Basin-282 feet below sea level...the lowest in North America. 
  4. «Mount Whitney: Highest Mountain in California». About sports. Consultado o 8 de maio de 2015
  5. Everytrail.com (ed.). "Trail Map of The High Sierra Trail: Segment 7 of 7 California". Consultado o 8 de maio de 20158. 
  6. Perlman, Eric «Nice Going, Whitney». Backpacker, maig 1985, pág. 49-55. Consultado o 8 de maio de 2016
  7. Schoenherr, Allan A. (1995). A Natural History of California. University of California Press. ISBN 0-520-06922-6. 
  8. «Climbing Mt. Whitney». NPS. Consultado o 10 de maio de 2016.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Thompson, Doug; Newbold, Elisabeth (1997). Mount Whitney: Mountain Lore from the Whitney Store. Westwind Publishing Company. ISBN 978-0-9653596-0-3. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]