Monte Sinaí
| (ar) طور سيناء | |||||
| Tipo | montaña | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Parte de | Península do Sinaí | ||||
| Localización | |||||
| División administrativa | Sinaí do Sur, Exipto | ||||
| |||||
| Cordilleira | cordilleira do Sinaí | ||||
| Características | |||||
| Altitude | 2.287 m | ||||
| Prominencia topográfica | 334 m | ||||
| Material ou ingrediente | granito | ||||
Monte Sinaí (en hebreo: הר סיני, Har Sinai; en arameo: ܛܘܪܐ ܕܣܝܢܝ, Ṭūrāʾ Dsyny), tamén coñecido como Jabal Musa (en árabe: جَبَل مُوسَىٰ, "monte de Moisés"), é unha montaña da península do Sinaí, en Exipto. Segundo a Tora, a Biblia e o Corán, é identificado tradicionalmente como o lugar onde Moisés recibiu os Dez Mandamentos,[1][2][3] aínda que esta identificación non é aceptada de maneira unánime por todos os investigadores.[4]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Ten unha altitude de 2.285 metros e atópase preto da cidade de Santa Catarina, na rexión coñecida hoxe como península do Sinaí. A montaña está rodeada por cumes máis altos da súa cordilleira. Atópase xunto ao monte Catarina, que, con 2.629 m, é o punto máis alto de Exipto.[5] Na súa contorna atópase o mosteiro de Santa Catarina, un dos centros monásticos cristiáns máis antigos aínda en funcionamento.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ten Commandments". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2026-06-22.
- ↑ "Mount Sinai". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2026-06-22.
- ↑ "Surah Al-A'raf Ayah 145 - Read, Listen, Translation, Tafsir". Quran.com (en inglés). Consultado o 2026-06-22.
- ↑ Ngo, Robin (2025-03-11). "Searching for Biblical Mt. Sinai". Biblical Archaeology Society (en inglés). Consultado o 2026-06-22.
- ↑ "Geology". allsinai.info.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monte Sinaí |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
