Saltar ao contido

Monte Olimpo, Marte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Accidente xeográfico extraterrestreMonte Olimpo, Marte

Editar o valor en Wikidata
Datos xerais
TipoVolcán en escudo
Corpo astronómicoMarte Editar o valor en Wikidata
Idade xeolóxicahai 3.830 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
DescubridorMariner 9
EpónimoMonte Olimpo Editar o valor en Wikidata
Datos xeográficos
Coordenadas18°39′N 226°12′L / 18.65, 226.2 Editar o valor en Wikidata
Diámetro610,13 quilómetros
Altitude21,9 km Editar o valor en Wikidata
Extensión300.000 km² Editar o valor en Wikidata
CuadránguloQuadrângulo de Amazonis (pt) Traducir e Quadrângulo de Tharsis (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RexiónTharsis e Tharsis Montes Editar o valor en Wikidata
Localización
mapa non dispoñible: marte
Identificadores
GoPN4453 Editar o valor en Wikidata

O Monte Olimpo, ou Olympus Mons en latín, é un volcán en escudo situado no planeta Marte. Cunha altura superior a 21,9 km segundo medicións do altímetro láser da Mars Orbiter (MOLA), é a montaña máis elevada de Marte e de todo o sistema solar.[1] Segundo outras medicións, dependendo do punto de partida empregado, a súa altura está entre 22 e 26 km.[2]

Atópase no hemisferio occidental do planeta, nas coordenadas aproximadas de 18° N, 133° W. É o máis novo dos grandes volcáns de Marte, formado durante o período amasonico. A súa natureza de montaña fora suposta grazas ao seu albedo, sendo coñecida polos astrónomos como Nix Olympica antes de que as sondas espaciais visitasen o planeta.[3]

Descuberta

[editar | editar a fonte]
Mapa topográfico pintorlado de Olympus Mons e a súa aureola circundante, do instrumento MOLA de Mars Global Surveyor.
Caldeiras na cima de Olympus Mons. As caldeiras máis novas forman cráteres de colapso circulares. As caldeiras máis antigas aparecen como segmentos semicirculares porque son cortadas polas caldeiras máis novas.

Aínda que o seu tamaño é enorme, non sempre fora interpretado como un volcán ou montaña por observadores telescópicos antes da era da exploración espacial.[4] A través dun telescopio do XX, o Monte Olimpo parecía unha mancha escura na superficie do planeta; porén, ás veces escintilaba fortemente unha mancha branca sobre o terreo arroxado de Marte. Por isto, o astrónomo italiano Giovanni Schiaparelli chamouna Nix Olympica (Neves do Olimpo), recibindo o nome do Monte Olimpo en Grecia, o fogar dos deuses, cuxo cumio estaba cuberto de neve.[4]

Durante décadas, Nix Olympica seguiu véndose como unha mancha brillante e variable. En 1951, o observador afeccionado xaponés Tsuneo Saheki viu un resplandor que chegou a brillar tanto como o casquete de xeo polar e desapareceu pouco despois. Os astrónomos propuxeron diversas explicacións, desde reflexos do xeo, erupcións e mesmo sinais dunha presunta civilización marciana. Hoxe atribúese ás nubes que adoitan formarse sobre o Olympus Mons, similar ao fenómeno atmosférico terrestre das «nubes orográficas», é dicir, nubes masivas de curta duración.[4]

En 1971, a sonda Mariner 9 orbitou ao redor de Marte durante unha tormenta de po global e só puido ver ao comezo as cimas dos grandes volcáns de Tharsis. Os primeiros obxectos en ser visíbeis logo de ir retirándose o po en suspensión foron as cimas superiores dos volcáns demostrando que a altitude destes era, en gran medida, superior á de calquera montaña terrestre. As observacións confirmaron que Nix Olympica era unha montaña e un volcán; desde entón pasou a coñecerse como Olympus Mons ou monte Olimpo.[4]

Descrición xeral

[editar | editar a fonte]

  O macizo central elévase entre 22 e 23 quilómetros sobre a chaira circundante, o que equivale a tres veces a altura do Everest, e a 21.287 m sobre o nivel medio da superficie marciana, xa que se atopa nunha depresión de 2 km de profundidade. Está flanqueado por grandes cantís de até 6 km de altura, e a súa caldeira ten 85 km de longo, 60 km de ancho e entre 2,4 e 2,8 km de profundidade, apreciándose até seis chemineas superpostas de cronoloxía sucesiva.

Comparativa en extensión entre o Olympus Mons e a Francia metropolitana.
Comparación vertical do Olympus Mons co monte Everest (desde o nivel do mar até o cumio) e co volcán Mauna Kea, na Terra (medido desde o nivel do mar até o cumio, non desde a base até o cumio).
Comparación horizontal do Olympus Mons con Polonia.

A base do volcán mide 600 km de diámetro, o cal lle outorga unha superficie na súa base de 283.000 km² aproximadamente, tanto como a superficie de Ecuador. As súas dimensións son tales que alguén que estivese na superficie de Marte non sería capaz de ver a silueta do volcán, nin sequera desde unha distancia á cal a curvatura do planeta empezase a ocultala. O efecto por tanto sería o de estar a contemplar unha «parede», ou ben confundir a mesma coa liña do horizonte. A única forma de ver a montaña adecuadamente é desde o espazo. Igualmente, se alguén se atopase no cumio e mirase cara abaixo non podería ver o final, xa que a pendente chegaría até o horizonte.

É un erro pensar que o cumio está por riba da atmosfera marciana. A presión atmosférica na parte máis alta é de 2 % da que hai na superficie; comparándoo co Everest, a súa presión atmosférica é do 25 % da que hai no nivel do mar. Ademais, o po marciano pódese atopar mesmo a esa altitude, así como a capa de nubes de CO2. Aínda que a presión atmosférica media en Marte é do 1 % da que hai na Terra, o feito de que a gravidade sexa moito máis débil permite que a súa atmosfera se estenda a unha altitude moito maior.

O Monte Olimpo sería un mal lugar de aterraxe para sondas robóticas nun futuro próximo porque está situado nunha das rexións máis poeirentas de Marte. De feito, unha capa de po fino sempre cobre gran parte do terreo, ocultando o solo rochoso (facendo que as mostras de rocha sexan moi difíciles de obter). A capa de po tamén podería causar graves problemas de manobrabilidade para os vehículos de exploración.

Actividade volcánica

[editar | editar a fonte]
Topografía de Olympus Mons

Olympus Mons é un volcán en escudo en forma de caldeira, formado como resultado de fluxos de lava moi pouco viscosa durante longos períodos de tempo, e é moito máis ancho que alto; a pendente media do monte é moi suave. En 2004, a sonda Mars Express detectou que os fluxos de lava nas pendentes do monte parecían ter só dous millóns de anos, data moi recente en termos xeológicos, suxerindo que a montaña aínda podería ter unha lixeira actividade volcánica.

As illas Hawai son un exemplo de volcáns moi similares a menor escala, por exemplo o Mauna Loa. O extraordinario tamaño do volcán débese probabelmente ao feito de que Marte non ten placas tectónicas. Por iso, o cráter permaneceu fixo sobre un punto quente de grande actividade e continuou envorcando lava, dando ao volcán unhas dimensións tan espectaculares.[5]

Aínda que se chegou a especular con que erupcións explosivas no Marte primitivo puidesen expulsar material por riba da velocidade de escape e saír do seu campo gravitatorio, esta idea non se aplica á lava do Olympus Mons: os materiais marcianos que chegaron ao espazo atribúense actualmente a impactos meteoríticos.[6][7]

Arredores

[editar | editar a fonte]
Topografía do Monte Olimpo.

Olympus Mons atópase na meseta de Tharsis, un terreo elevado na superficie marciana que contén outras formacións volcánicas. Entre elas hai unha cadea de volcáns en forma de caldeira máis pequenos, como é o caso dos montes Arsia, Pavonis e Ascraeus, os cales son pequenos en comparación con Olympus Mons. A rexión que rodea inmediatamente ao monte Olimpo é unha depresión de 2 km de profundidade.

  1. Plescia, J. B. (2004). "Morphometric Properties of Martian Volcanoes" 109 (E3): E03003. Bibcode:2004JGRE..109.3003P. doi:10.1029/2002JE002031.
  2. "Mars: Facts - NASA Science" (en inglés). 2017-11-10. Consultado o 2026-04-25.
  3. O nome Nix Olimpica estaba relacionado coas neves do monte Olimpo grego, pero non está claro que G. Schiaparelli o interpretase necesariamente como un monte.
  4. 1 2 3 4 Hartmann, William (2011). "Guía turística de Marte". Traducido por Dulcinea Otero-Piñeiro. Ediciones AKAL. p. 300. ISBN 9788446034971.
  5. "Olympus Mons" (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2023.
  6. Pollack, James B. (1980). "Climatic Change on the Terrestrial Planets". Annual Review of Earth and Planetary Sciences 8: 425–487.
  7. "Escape from Mars" (en inglés). NASA Science. 10 de xullo de 2017. Consultado o 25 de abril de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]