Monte Obama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 17°02′31″N 61°51′04″O / 17.04194, -61.85111

Monte Obama.

O monte Obama (coñecido como Boggy Peak até o 4 de agosto de 2009) é o punto máis alto das montañas Shekerley, da illa de Antiga e de Antiga e Barbuda. Atópase na zona sur da illa[1] e alcanza unha altura de 402m.[2] Recibe o seu nome de Barack Obama, o Presidente dos Estados Unidos de América número 44.

Cambio de nome[editar | editar a fonte]

O 4 de agosto de 2009, durante o 48 aniversario do daquela presidente dos Estados Unidos Barack Obama, o primeiro ministro Baldwin Spencer cambiou o nome a monte Obama. O seu antigo nome era Boggy Peak.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "NGA GEOnet Names Server". National Geospatial-Intelligence Agency. 7 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2003. Consultado o 22 de xullo de 2008. 
  2. "Mount Obama" on summitpost.org Consultado o 29 de setembro de 2011.
  3. Kentish, Anika (9 de agosto de 2009). "Mount Obama: Antigua Renames Its Highest Peak". Huffington Post. Associated Press. Consultado o 9 de marzo de 2011.