Montana Jones
Montana Jones | |
---|---|
Tipo | serie de televisión de anime ![]() |
Xénero artístico | anime e manga de aventuras e anime e manga de comedia ![]() |
Lingua orixinal | lingua xaponesa ![]() |
Linguas
| |
Autoría | |
Director/a | Tetsuo Imazawa (en) ![]() ![]() |
Publicación | |
País orixe | Xapón e Italia ![]() |
Distribuidor/a | NHK ![]() |
Emisora orixinal | NHK General TV (en) ![]() ![]() |
Datas | |
Comezo | 2 de abril de 1994 ![]() |
Remate | 8 de abril de 1995 ![]() |
Dimensións | |
Duración | 23 minutos ![]() |
Episodios | 52 ![]() |
Tempadas | 1 ![]() |
Fontes e ligazóns | |
Redes | ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Montana Jones (モンタナ・ジョーンズ Montana Jōnzu?) é un anime italo-xaponés que foi emitido no Xapón a través da canle NHK dende o 2 de abril de 1994 ata o 8 de abril de 1995.[1] Studio Junio (Xapón) e REVER (Italia) crearon xuntos os 52 episodios da serie. Montana Jones ten un deseño semellante ó de Sherlock Hound, resultado da colaboración de Rever e TMS Entertainment dez anos antes, en 1984. Os caracteres antropomórficos en Montana Jones son felinos, no canto dos cans empregados en Sherlock Hound. En Galicia emitiuse no espazo infantil-xuvenil Xabarín Club.
A historia ten lugar na década de 1930 e trata das aventuras de Montana Jones, que viaxa na busca de tesouros xunto co seu curmán Alfred Jones e a fermosa xornalista Melissa Sone. Nas súas viaxes visitan lugares e cidades reais como as Pirámides de Gizeh, o Taj Mahal, Istambul ou a Illa de Pascua. Frecuentemente enfróntanse con Lord Zero, un rico e excéntrico ladrón. O anime está claramente inspirado nos filmes de Indiana Jones.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Montana Jones na IMDb (en inglés).