Saltar ao contido

Monster: The Ed Gein Story

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Monster: The Ed Gein Story
 Título
    Monster: The Ed Gein Story (en) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Guionista
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
3 de outubro de 2025 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
3 de outubro de 2025 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Precedido por
 Sucedido por
Cifras e dimensións
 Número de episodios
   8 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
IMDB: tt13207736 Filmaffinity: 992866 Allocine: 37562 Netlix: 81783093 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Monster: The Ed Gein Story é a terceira tempada da serie de televisión estadounidense Monster, creada por Ian Brennan para Netflix. A tempada céntrase no asasino en serie Ed Gein, interpretado por Charlie Hunnam. O resto do elenco está composto por Suzanna Son, Vicky Krieps, Laurie Metcalf e Tom Hollander. A tempada inclúe metacomentarios sobre a obsesión cultural cos crimes reais, explorando a influencia de Gein en Hollywood e na cultura popular.

É a terceira tempada da serie antolóxica Monster, logo de Monster: The Jeffrey Dahmer Story (2022) e Monsters: The Lyle and Erik Menendez Story (2024). Anunciouse que unha tempada baseada en Ed Gein estaría en desenvolvemento o 14 de setembro de 2024. É a primeira tempada que non está dirixida por Murphy, con Brennan como a única creadora e guionista.

A serie explora a vida do asasino e ladrón de cadáveres convicto Ed Gein a través de alusións a obras culturais ficticias inspiradas nos seus crimes, como Piscose (1960), The Texas Chain Saw Massacre (1974) e O silencio dos cordeiros (1991)..[1][2][3]

  1. Otterson, Joe (2024-09-17). "'Monster' Season 3 Sets Charlie Hunnam to Star as Ed Gein". Variety (en inglés). Consultado o 2024-09-17.
  2. Nemetz, Dave (2024-09-17). "Charlie Hunnam to Star in Monster Season 3 as Serial Killer Ed Gein". TVLine (en inglés). Consultado o 2024-09-17.
  3. McGowan, Andrew (2025-08-27). "'Monster: The Ed Gein Story' Sets Netflix Release Date, Drops First-Look Photos". Variety. Consultado o 2025-08-27.