Mono narigudo
Mono narigudo Nasalis larvatus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Exemplar en Borneo. | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
![]() En perigo[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
![]() Distribución da especie.
|
O mono narigudo[2] ou narigudo[2] (Nasalis larvatus) é unha especie de primate catarrino da familia Cercopithecidae.[3] É herbívoro e endémico da illa de Borneo, no sueste asiático. É a única especie do xénero Nasalis.
Aliméntase de brotes e follas. Normalmente desprázase rubindo polas árbores, pero tamén é bo nadador, capaz de cruzar profundas canles para conseguir comida ou escapar dalgún perigo.
A perda do seu hábitat natural, así como a caza provocaron que esta especie se atope en perigo de extinción, e só se sabe da existencia de 7000 exemplares.[4]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]É unha especie territorial, que unicamente se atopa na illa de Borneo. Habitan nos bosques mixtos, mangleiros pantanosos, bosques preto de ríos e selvas tropicais. Evitan as zonas deforestadas e os asentamentos humanos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Meijaard, E., Nijman, V. & Supriatna, J. (2008). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ 2,0 2,1 "Mono". Digalego. Consultado o 20/12/2024.
- ↑ Wilson, D.E.; Reeder, D.M., eds. (2005). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.
- ↑ Proboscis Monkey. Earthsendangered.com. Consultado o 10 de febreiro de 2011.