Monica Frassoni
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de setembro de 1963 (60 anos) Veracruz (México) |
Eurodeputada | |
Representa: Partido Radical (pt) 20 de xullo de 2004 – 13 de xullo de 2009 Lexislatura: VI Legislatura do Parlamento Europeu (pt) Circunscrición electoral: North-West Italy (en) Electo en: eleições parlamentares europeias de 2004 (pt) | |
Eurodeputada | |
Representa: Ecolo (pt) 20 de xullo de 1999 – 19 de xullo de 2004 Lexislatura: V Legislatura do Parlamento Europeu (pt) Circunscrición electoral: French-speaking electoral college (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia |
Educación | Universidade de Florencia |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas |
Ocupación | política |
Partido político | Green Italy (en) (2013–) Partido Verde Europeu (pt) |
Lingua | Lingua italiana |
Páxina web | monicafrassoni.org |
Monica Frassoni, nada o 10 de setembro de 1963 en Veracruz (México), é unha política italiana de orientación ecoloxista, que pertenceu a diversos partidos verdes europeos.
Primeiros anos[editar | editar a fonte]
Diplomada en Ciencias políticas, comeza a súa actividade política en 1983 no seo do Movemento Federalista Europeo, e en 1987 é elixida Secretaria-xeral europea dos JEF (Mozos Europeos Federalistas), a sección de mozos do movemento.[1]
Traxectoria política[editar | editar a fonte]
Desde 1990 até xuño de 1999, Frassoni foi conselleira do Grupo dos Verdes no Parlamento Europeo onde se encargou dos temas institucionais, de regulamento interno e inmunidade.
En 1999 foi elixida eurodeputada por primeira vez polo partido francófono belga Ecolo.
En 2004 presentouse de novo ás eleccións europeas, esta vez en Italia xunto á Federación dos 200s (pertencente ao Partido Verde Europeo) pola circunscrición Noroeste. Durante esa lexislatura foi co-presidenta do grupo parlamentario Verdes/ALE xunto a Daniel Cohn-Bendit, até 2009. O 15 de xaneiro de 2007 foi candidata a presidir o Parlamento, quedando en segundo lugar con 145 votos, por detrás do candidato PPE-PSE Hans-Gert Poettering.[2][3]
Desde 2010 forma parte do padroado da Fundación Equo en España.[4] Actualmente os mozos verdes italianos piden a súa dimisión como copresidenta do partido verde europeo pola súa candidatura como independente con SEL, mentres que os Verdes italianos apostaron pola coalición Revolución Cívica.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "JEF Europe: History". jef.eu. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2019. Consultado o 2017-10-02.
- ↑ El democristiano Hans-Gert Poettering, elegido presidente del Parlamento Europeo El País, 16/01/2007. Consultado o 17 de decembro de 2007.
- ↑ "Debates - Tuesday, 16 January 2007 - Announcement of the candidates for election to the office of President". www.europarl.europa.eu. Consultado o 12 de abril de 2019.
- ↑ "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2012. Consultado o 19 de marzo de 2012.
- ↑ LA MIA RISPOSTA ALLA RICHIESTA DI DIMISSIONI DAI VERDI EUROPEI
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monica Frassoni |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Monica Frassoni: páxina persoalArquivado 18 de decembro de 2020 en Wayback Machine.
- Europa y España, entre infraestructuras de transporte y desarrollo El País. Tribuna Mónica Frassoni e Gianluca Solera, 17/12/2003. Consultado o 17 de decembro de 2009.
- La Directiva de Retorno El País, 27/06/2008. Consultado o 17 de decembro de 2009.