Monfero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Monferés")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°20′4.08″N 8°3′21.08″O / 43.3344667, -8.0558556

Monfero
Bandeira de Monfero---Escudo de Monfero
27 Casa do concello de Monfero.JPG
Situacion Monfero.PNG
Situación
Xentilicio[1]monferés
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Eume
Poboación1.932 hab. (2019)[2][3]
Área171,7 km²[3]
Densidade11,25 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias[4]
Capital do concelloRebordelo
Política (2019[5])
AlcaldeAndrés Feal Varela (PSdeG-PSOE[6])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 5
Eleccións municipais en Monfero
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes84,46%
Na rede
www.concellodemonfero.com
correo@monfero.dicoruna.es
editar datos en Wikidata ]

Monfero é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.985 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «monferés».

A maior parte do parque natural das Fragas do Eume está en Monfero, na súa franxa norte.

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 2017 1.985 habitantes
Menores de 15 anos 144 (7.25 %)
Entre 15 e 64 anos 1.151 (57.98 %)
Maiores de 65 anos 690 (34.76 %)
Evolución da poboación de Monfero   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
5.715 6.473 6.530 3.587 2.490 2.239 2.178 2.129 2.109 2.089 2.037 2.019 1.985 {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

Monfero ten 173,28 km², e abrangue sete parroquias. A casa consistorial está no lugar de Rebordelo, na parroquia de San Fiz de Monfero. Está no leste da provincia da Coruña, por onde limita cos concellos lugueses de Xermade e Guitiriz; ao norte limita coas Pontes de García Rodríguez, A Capela e Cabanas; ao sur con Irixoa e Aranga; e ao oeste con Vilarmaior e Pontedeume.

Está atravesado pola estrada AC-151 (que o une coa A-6), a C-640 que vai de Betanzos a Viveiro, e a AC-144, que vai cara a Pontedeume. Está a 45 km da Coruña e a 80 de Santiago de Compostela.

A Serra da Loba é a rexión montañosa máis destacada, destacando no centro do concello o Monte da Pendella (712 m). O río Eume fai de fronteira polo norte, e a el van dar os afluentes do Frai Bermuz e San Bartolomeu. No oeste están amais os ríos Lambre e Lambruxo.

Unha parte das Fragas do Eume, declaradas parque natural en 1997, áchanse dentro do territorio de Monfero.

Historia[editar | editar a fonte]

Hai restos de presenza humana na prehistoria, como as mámoas na Pena do Moncouso. Amais, hai varios topónimos que denotan presenza castrexa.

Na Idade Media a zona era xurisdición do mosteiro cisterciense, xa reflectida en documentos de 1135.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O mosteiro de Monfero pertenceu á Orde do Císter, e ten as súas orixes cara ao século X. Está recoñecido como un ben de interese cultural.

Consérvanse varias pontes do século XV, todas dun só arco: a ponte do Dez sobre o río Frai Bermuz, a ponte de San Paio sobre o Lambre (co concello de Irixoa á outra beira) e outra sobre o río Lambruxo, entre os lugares das Travesas e Vilarboi.

Amais das igrexas parroquiais, hai varias pequenas ermidas, como a da Ascensión en Boicornello (Val de Xestoso), as de Santo André da Ribeira e Lagares (San Fiz de Monfero), e a de San Bartolomeu na Ermida (Queixeiro).

Hai 5 casas de turismo rural: Casa de Graña da Acea, Casa Don Bernardo, Casa Lourán, Casa Piñeiro e Rodeo da Casa.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Monfero.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Monfero

O Alto de Xestoso (Santa María) | Queixeiro (San Xurxo) | San Fiz de Monfero (San Fiz) | Santa Xiá de Monfero (Santa Xiá) | Taboada (Santa Mariña) | O Val de Xestoso (San Pedro) | Vilachá (Santa María)

Lugares de Monfero[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Monfero vexa: Lugares de Monfero.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2019) "Monfero".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia (Escribir o nome do concello e premer en Buscar)
  5. Resultados eleccións 2019
  6. Concello de Monfero na FEGAMP
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.