Momotombo
Aparencia
| Tipo | volcán | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Departamento de León, Nicaragua e La Paz Centro, Nicaragua | |||
| ||||
| Cordilleira | Cordillera Los Maribios | |||
| Características | ||||
| Altitude | 1.297 m | |||
O volcán Momotombo é un volcán nicaraguano, situado cerca da cidade de León. Está situado nas ribeiras do Lago Managua. Unha erupción volcánica en 1610 destruíu un antigo poboado español próximo, e as súas ruínas aínda permanecen en León Viejo.
A montaña é moi simétrica, e a súa forma é un dos símbolos de Nicaragua que aparece ilustrando desde caixas de mistos a murais revolucionarios.
En decembro de 2005 o volcán ofreceu nova actividade sísmica, 3 graos na escala de Richter, mais non ocasionou danos materiais nin ningunha vítima.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Momotombo |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
