Molalidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Molalidade é a cantidade de moles de soluto que hai nun quilogramo de disolvente. Non depende da temperatura. Simbolízase cun m.

Para preparar disolucións dunha determinada molalidade non se emprega un matraz aforado como na molaridade, se non que se emprega en xeral nun vaso de precipitados e pesa cunha balanza analítica, descontando o peso do vaso vacío.

A maior vantaxe deste método de medida en relación coa molaridade é que como volume dunha disolución depende da temperatura e da presión, cando estas varían, o volume cambia con elas, variando a molaridade, pero non a molalidade, podendo medirse con maior precisión, de xeito independente a ambas.

É menos empregada que a molaridade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]