Moeda dun franco Estados Xerais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1 franco Estados Xerais [1][2][3]
A/: Valor facial entre coroa de loureiro. Data no exergo.

Lendas: REPUBLIQUE FRAÇAISE / 1 FRANC / 1989

R/: Tres figuras representantes do clero, a nobreza e o Terceiro Estado, na sala dos Estados Xerais en Versalles. Marca de gravador: BÉRECHEL.

Lendas: CONVOCATION DES ÉTATS GÉNÉRAUX / 5 MAI 1789

O franco Estados Xerais é unha moeda con valor facial dun franco francés emitida en 1989 en conmemoración do bicentenario da convocatoria dos Estados Xerais do 5 de maio de 1789 polo rei Lois XVI de Francia.[1][2][3]

Caracterización[editar | editar a fonte]

O gravado da moeda débeselle á escultora, pintora e medallista francesa Claudine Béréchel (1925-2011).[1][2] En tanto que o deseño do reverso deste franco é obra da propia Béréchel, o anverso retoma o deseño do 15º gravador xeral de moeda Pierre Joseph Tiolier (1763-1819),[3] que caracterizou o reverso dun gran número de moedas francesas e dos seus territorios ao longo do século XIX e tamén algunhas emisións conmemorativas máis recentes.

Da produción do franco conmemorativo dos Estados Xerais de 1789 encargouse a Monnaie de Paris.[1][2]

Existe unha variante da moeda, á parte do seu modelo estándar. Trátase dunha tiraxe reducida cun acabamento especial (proof ou essai), con fondo espello e relevo mate, na que se inscribiu a palabra ESSAI en letras pequenas no centro do anverso, ao pé da indicación do valor facial.[1][4]

Tiraxes[editar | editar a fonte]

Ano de emisión Tipo Exemplares cuñados
1989 Proof - Essai 1.850
Estándar 5.0126.011

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]