Modio de Ponte Puñide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Modio de Ponte Puñide

O modio de Ponte Puñide é un vaso cilíndrico de bronce datado no século IV, achado no ano 1913 no lugar da Ponte Puñide, no concello do Pino. Está exposto no Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid.

O vaso era empregado polos romanos coma unidade de medida de áridos, particularmente o trigo. A importancia deste modio (latín: modius) atópase na inscrición que recolle a mención dos principais (curiae) das cidades, que estaban ao cargo de recolectar os impostos entre os habitantes dos núcleos urbanos[1] en tempos dos emperadores Valentiniano I (364-375), Valente (364-378) e Graciano (375-383), que estiveron vencellados ao poder entre 367 e 375.

O modio como unidade de medida equivalía 8,6666 litros aínda que o Modio de Ponte Puñide mide case 10 litros[2] e ten un peso de 6,800 kg.

Texto da inscrición[editar | editar a fonte]

M O D I I L (E X), IVXTA
SACRAM IVSSI [ON] EM
DOMINORVM NOSTRORUM
VALENTINIANI VALENTIS ET
GRATIANI INVICTISSIMORVM
PRINCIPVM, IVBENTE
MARIO ARTEMIO
V (IRO) C (LARISSÍMO) A [G] (ENTE)
VIC (ARIAM) P (RAEFECTVRAM) (i),
C V R (A N T I B V S) POTAMIO
ET QUENTIANO PRINCIPALIBVS.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. . Juan José Sayas Abengoechea, Historia Antigua de España (II). Uned 2001 ISBN 84-362-4398-6. Páx. 109.
  2. García Romero, Celestino. Real Academia Galega, ed. "El modio romano y el modio de Gonzar.". Consultado o 1 febreiro de 1915. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Javier Arce. Bárbaros y romanos en Hispania. Publicado por Marcial Pons Historia, 2007 ISBN 84-96467-57-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]