Modesto Moyrón Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modesto Moyrón Arias
Nacemento1890
Lugar de nacementoO Barco de Valdeorras
Falecemento21 de marzo de 1975
Lugar de falecementoGuadalaxara
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfuncionario e xornalista
PaiModesto Moyrón Carreras
editar datos en Wikidata ]

Modesto Moyrón Arias, nado no Barco de Valdeorras cara a 1890 e finado en Guadalaxara (México) o 21 de marzo de 1975, foi un funcionario e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Modesto Moyrón Carreras. Sarxento de Infantaría no Protectorado Español de Marrocos dende 1914 represaliado pola ditadura de Primo de Rivera. Trasladouse a Madrid en 1931, onde traballou como empregado e foi redactor de El Imparcial. Membro do Partido Comunista de España e afiliado á UGT. Na guerra civil foi conselleiro de Instrución Pública e secretario xeral do Servizo Nacional de Crédito Agrícola. Foi presidente executivo do Comité nacional de Refuxiados. Coa derrota da República exiliouse en Perpiñán.[1] O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia no porto de Sète (Hérault) rumbo a México, chegando a Veracruz o 13 de xuño.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Antonia Matamala Ramos e foi pai de Miguel, Antonio, Fernando e Modesto Moyrón Matamala.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]