Modelo de compoñentes CORBA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O modelo de compoñentes CORBA (CCM), definido en CORBA 3.0, separa o código puramente de aplicación (relacionado co negocio) do código de infraestrutura, de xeito que divide un sistema software en:

  • Compoñentes: provén dos servizos no negocio.
  • Contedores: son os elementos que encapsulan os compoñentes e provén das funcionalidades de infraestrutura (middleware) relacionadas coa instalación e co ciclo de vida dun compoñente nun contorno determinado.

Neste modelo, un compoñente defínese en función de:

  • Servizos dos que prové (de que interfaces IDL prové).
  • servizos que utiliza (que interfaces IDL utiliza).
  • Eventos que publica.
  • Eventos que consome.
  • Atributos básicos do compoñente.

O Modelo de compoñentes CORBA pódese entender como unha xeneralización dos Enterprise Java Beans (EJB), válidos para a súa utilización independente de linguaxe de programación.