Modelo:Orde/uso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Obxectivo

Este modelo serve para axustar as ordes manualmente nas táboas que se poden ordenar mediante as claves de ordenación especificadas.

Uso
  • {{orde|valor de orde|valor mostrado}}valor mostrado

O primeiro parámetro é a clave de ordenación; o segundo parámetro é o texto wiki do que se ten que mostrar. Por defecto, esta é a clave de ordenación con corchetes de ligazón:

Unha táboa que use este modelo debería empregalo en todas as ringleiras.

O modelo traballa colocando unha clave de ordenación agochada antes do texto visible. O feito de agochar a clave de ordenación conséguese a través do CSS: <span style="display:none">texto agochado</span>.