Modelo:Caixa Características de Cúmulo Globular/uso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Uso[editar a fonte]

Este modelo pode empregarse xunto cos modelos de información para estrelas, substituíndo o modelo {{Caixa Características de Estrela}} cando se estea a falar dun cúmulo globular e non dunha estrela. Polo momento, o seu único argumento é clase, onde pode incluírse a clase de concentración do cúmulo globular segundo a escala de Shapley–Sawyer, desde a clase I (alta concentración cara ao centro) ata a clase XII (case sen concentración no centro). Para máis información, pódese ir ao modelo {{Caixa Características de Estrela}}, ao modelo {{Caixas de Estrelas}} ou á Categoría:Caixas de información sobre astronomía.