Modelo:AutoriaPropiaSenOrixe/uso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
obxectivo

Este marcador colócase na páxina dunha imaxe que careza de información sobre a orixe e que teñan cando menos dúas das tres características seguintes: (1ª) un tamaño superior a 1600 x 1200, (2ª) datos da cámara con que se tirou a imaxe e (3ª) licenza que indique que a imaxe é propia.

uso

Coloque o texto {{AutoriaPropiaSenOrixe|CANDO}} na páxina, onde CANDO é o momento en que que se coloca este marcador, por exemplo 12-07-2006.

observación

O uso deste marcador non é obrigado. É un paso previo, que se dá por cordialidade, a empregar Modelo:SenOrixe. Tódalas imaxes que sexan marcadas con Modelo:AutoriaPropiaSenOrixe serán no futuro marcadas con Modelo:SenOrixe.

outros marcadores

Hai outros marcadores relacionados na lista visual de marcadores de mantemento de imaxes.