Moañesa de música e danza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Fundación[editar | editar a fonte]

A Agrupación Cultural Moañesa de Música e Danza naceu no concello de Moaña en agosto de 2014 con 15 socios. Na súa formación contou con seis directivos: Juan Pena Costas como presidente, Raquel Paredes como vicepresidenta, Carmen Fernández como secretaria, Ana Belén Martínez como tesoureira e Verónica Moledo e María Framil como vogais. Na súas premisas iniciais estaban a de manter as tradicións galegas vivas e non perder a música que se aprendeu das xeracións anteriores.

Actividades[editar | editar a fonte]

A agrupación organiza actividades durante todo o ano para atender a calquera persoa que queira aprender a tocar un instrumento tradicional, como a gaita a pandeireta ou o tambor.

Organiza tamén diferentes obradoiros como os relacionados co traxe galego, con obradoiros de costura dedicados ao bordado ao aire. Outros obradoiros nos que se pode participar é o de construción dun pandeiro ou nos obradoiros de peiteado tradicional.

A actividade principal é a organización do Son Moañesa,[1] un festival que se celebra no mes de agosto e no que se pon en práctica o aprendido durante todo o ano nos diferentes grupos.

Grupos[editar | editar a fonte]

Para poñer en valor o aprendido doutras xeracións a agrupación conta con:

  • Banda de gaitas con vinte e cinco compoñentes
  • Grupo de pandereteiras Infantil
  • Grupo de pandereteiras adultas
  • Grupo de baile tradicional Infantil
  • Grupo de baile tradicional Adultos

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Na Banda de gaitas a percusión está formada polo tambor, o bombo e pandeireta. Na sección de canto acompañan as cancións con pandeireta, o pandeiro e a lata.

Mestres[editar | editar a fonte]

Contan con catro mestres recoñecidos tanto polo labor como docentes como a nivel artístico e musical:

  • Xosé Oliveira é o mestre de música tradicional na especialidade de Gaita Galega.
  • Miguel Sotelo Vidal é o mestre de baile tradicional.
  • Juan Pena Costas é músico e compositor.
  • Nébeda Piñeiro é a mestra de canto tradicional.

Repertorio[editar | editar a fonte]

As pezas interpretadas pola agrupación son pezas tradicionais. Diferéncianse as que interpreta a sección do Grupo de canto e danza e as da Banda de gaitas. Nas seccións de canto e baile tradicional teñen un carácter de pezas buscadas polos mestres, moitas veces recollidas nun traballo de campo. A banda de gaitas elixe pezas de base tradicional e popular. Entre as máis populares atópanse “A ribeirana popular”, "A festa na eira", "A freixa" ou a “Foliada dos morenos”.

Socios e socias[editar | editar a fonte]

Intégranse compoñentes desde o cinco ata os setenta anos. Hai dous rangos de idade con forte presenza na Moañesa de música e danza: de 8 a 13 anos e de 35 a 45 anos.

Indumentaria[editar | editar a fonte]

Os compoñentes visten con dúas indumentarias, o taxe de acotío e un segundo traxe de gala no que as mulleres levan ricos mantóns.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]