Mitsubishi Regional Jet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
MRJ 70 / MRJ 90
ILA 2010 Samstag 250.JPG
Tiporeactor rexional
FabricanteMitsubishi Aircraft Corporation

O Mitsubishi Regional Jet (MRJ) é un reactor de pasaxeiros rexional con capacidade para 70–90 pasaxeiros fabricado por Mitsubishi Aircraft Corporation, unha asociación entre Mitsubishi Heavy Industries (o propietario maioritario) e Toyota Motor Corporation, coa asistencia no deseño da afiliada de Toyota Fuji Heavy Industries (que xa é unha fabricante de avións). O proxecto está nas súas primeiras etapas de construción, e agárdase o primeiro voo para o ano 2015. Será o primeiro avión de pasaxeiros xaponés deseñado e fabricado no país dende o NAMC YS-11 dos anos 60.

Deseño[editar | editar a fonte]

O MRJ será lanzado con motores turboventilador Pratt & Whitney's PW1000G. Inicialmente agárdabase que o avión fose o primeiro reactor rexional en adoptar materiais compostos de fibra de carbono para a súa fuselaxe nunha escala significativa. Porén, nun cambio de deseño en setembro do 2009, Mitsubishi anunciou que usaría aluminio para o caixón da á en vez de materiais compostos. As partes de compostos de carbono agora só serán o 10-15% do avión, principalmente ao redor da sección de cola. Este cambio incrementou a altura da cabina 3,81 cm, ata chegar aos 204,47 cm, e a altura da fuselaxe incrementouse ata os 295,91 cm. Isto dálle ao MRJ unha cabina máis redonda, que é máis alta e ancha que os seus competidores fabricados por Bombardier e Embraer.

Unha maqueta da cabina e un modelo a escala foron presentados no 47º Paris Air Show en xuño do ano 2007. A compañía decidiu ofrecer formalmente o avión á venda para consumidores potenciais. Agárdase que a produción comezase no ano 2012 e o primeiro voo tivese lugar despois de rematar o deseño na segunda metade dese ano, pero atrasouse para o ano 2015. A primeira estaba prevista para principios do 2016, pero tamén foi atrasada e agora agárdase para 2017.

All Nippon Airways é o seu primeiro cliente, cun pedido de 15 MRJ 90, e opcións por 10 máis.