Mitrofan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Mitrofan era o nome que tiña o oso que supostamente matou Xoán Carlos I de España nunha cacería, en 2006 na vila rusa de Novlenskoye, nunha visita de carácter privado.

Veracidade do episodio[editar | editar a fonte]

Diversos medios fixéranse eco da nova logo das denuncias que escribira Sergei Starostin, vicedirector do Departamento de Conservación do Medio do Parque Natural de Vologda, dirixida a Vyacheslav Pozgalevdado, gobernador da zona. Na carta Sergei afirmaba que o oso estaba bébedo porque lle deran un combinado de vodka e mel. O oso era doméstico e fora instruído para entreter aos visitantes dun parque bailando. Foi levado para o lugar da cacería nunha gaiola e solto co único obxectivo de ser matado polo rei.

Segundo a mesma fonte asegura "El gobernador Viacheslav Pozgaliov (...) "ni siquiera sospechaba" de la "farsa", que sólo era conocida por "un círculo muy pequeño de personas" e que este tipo de falcatruadas son "algo común en ese coto" [1].

Existen episodios ben coñecidos de políticos rusos que cazaron animais en situacións similares as descritas[2]. Pola outra banda, a asociación rusa conservacionista WWF din non ter constancia de tales prácticas nos últimos dez anos [3]

A casa do Rei negou o episodio, sen achegar información de se o monarca estivo cazando alí nesas datas. A información non puido ser inequivocamente comprobada, coma di Adrian Blomfield, correspondente en Moscova do The Telegraph "It is unclear whether the king committed an illegal act..." ("Non está claro se o rei cometeu un acto ilegal")[4]

Repercusión nos medios[editar | editar a fonte]

O asunto Mitrofan tivo ampla repercusión na rede, en clave de crítica e de humor [faltan referencias]. Mesmo foi declarado personaxe do ano nun blog catalán [faltan referencias]. Até tal punto transcendeu o asunto que rompeu a barreira da información alternativa podendo ser lido na prensa española con titulares como "Investigan si el Rey Juan Carlos cazó un oso amaestrado y borracho"[5], e tamén estranxeira [6] [4]

Notas[editar | editar a fonte]