Miss Universo 2008

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O 57º certame Miss Universo fíxose no Crown Convention Center dentro do Diamond Bay Resort na pequena cidade de Nha Trang, Vietnam, o 14 de xullo de 2008. Concursantes de 80 nacións e territorios autónomos competiron polo título. Ao final do evento Riyo Mori, Miss Universo 2007 do Xapón coroou á súa sucesora Dayana Mendoza de Venezuela.

É a primeira ocasión, nos 57 nos de historia do certame, que Vietnam serve de sede. Debido á diferenza de horarios, o concurso foi visto no hemisferio occidental durante a noite do 13 de xullo, cando se fixo en realidade durante a mañá do día 14.

Os animadores da final foron o condutor norteamericano Jerry Springer, e Melanie Brown, máis coñecida como Mel B, integrante do grupo de pop británico Spice Girls. Tamén contou coa actuación da cantante Lady Gaga. Foi a primeira edición transmitida en alta definición.