Miss Bolivia (cantante)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiss Bolivia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de abril de 1976 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpsicóloga , iogue (pt) Traducir , cantante , escritora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica hip hop Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSony Music Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEmmanuel Taub

Facebook: missboliviamusica Twitter: miss_bolivia Instagram: missboliviamusica Bandcamp: missboliviaSouncloud: miss-bolivia Spotify: 4xx3PjUWxXY0qEXUdDhrwx iTunes: 376618126 Musicbrainz: c1e6b265-0002-4546-aebf-64ab85b9ee7c Songkick: 5172823 Discogs: 1997220 Allmusic: mn0002764254 Editar o valor em Wikidata

María Paz Ferreyra, nada en Buenos Aires o 1 de abril de 1976, máis coñecida como Miss Bolivia, é unha cantante, compositora, psicóloga, produtora e DJ arxentina. Fusiona estilos como a cumbia, o hip hop, o dance, a cumbia villera ou o reggae. As súas letras están baseadas, polo xeral, na protesta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antes de dedicarse por completo á música, estudou psicoloxía na Universidade de Buenos Aires (UBA). Malia a súa situación económica, abandonou a súa profesión e dedicouse a escribir cancións.[1] O seu alcume, "Miss Bolivia", alude á rúa en que vivía desde moi nova, no barrio bonaerense de Villa del Parque.[2]

Carreira[editar | editar a fonte]

Miss Bolivia en marzo de 2020 en Villa Martenilli

Ferreyra comezou a súa carreira artística a comezos do 2008. En 2011, despois de lanzar un EP "pirata", editou o seu primeiro material de estudo, Alhaja, e deu concertos en toda a Arxentina, e tamén en América Latina e Europa.[3] Deste material destacan os éxitos «Jalame la tanga» e «Alta yama».[4]

En outubro do 2013 publica a segunda produción discográfica, Miau, con doce cancións, editada por Sony Music. Este disco contén o tema «Tomate el palo», a dúo co cantautor Leo García, que rapidamente se converteu nun éxito de vendas. Tamén participan neste álbum Mimi Maura, Pocho La Pantera, e Shazalakazoo.[5]

Durante 2014 dá concertos na Arxentina, amais de visitar o Uruguai, o Brasil e México.[6] Tamén tiveron éxito os temas «Tan distintos», «Menea» e «Bien warrior». Ademais inclúe o éxito «Rap para las Madres», parte da banda sonora da película de 2015 Focus, con Will Smith.

En 2017, Miss Bolivia lanza a súa nova produción, Pantera, con 12 novas cancións e unha versión de Gente Que No de Todos Tus Muertos. Participan neste álbum Liliana Herrero, Ale Sergi, Hugo Lobo, Andrea Alvarez, Lito Vitale e Matando viejas con un fierro. Durante todo ese ano, a cantante percorre Arxentina, Uruguai, Brasil e México. Deste álbum destacan as cancións Paren de Matarnos, utilizado polos colectivos feministas, e Haciendo Lio, dedicada ao futbolista Lionel Messi. Contén o éxito «María María», o tema principal da telenovela La Leona que emitiu Telefe.

Actuou nos escenarios musicais de máis sona da Arxentina, como o Estadio Luna Park, Niceto Club, Ciudad Cultural Konex e o CC Recoleta. Participou en festivais como o Quilmes Rock, Ciudad Emergente, Urban Music Fest, BAFICI e Trimarchi DG. En 2015 formou parte da edición arxentina do Lollapalooza.[7]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • 2011: Alhaja
  • 2013: Miau
  • 2017: Pantera

Vida persoal e activismo[editar | editar a fonte]

Ferreyra é abertamente bisexual e está fortemente vencellada ao activismo polos Dereitos humanos. Tamén defende a legalización da marihuana e o aborto, así como a loita a prol do pobo mapuche, co fin de recuperar os seus territorios orixinarios.[8]

Postura sobre a legalización do aborto[editar | editar a fonte]

O 31 de maio de 2018 asistiu á décimo quinta xornada de debate pola legalización do aborto na Arxentina, no 15º plenario de comisións do Congreso da Nación. Miss Bolivia, defensora da legalización do aborto, declarou que ela abortou en 1996 porque “tiña recursos económicos”, e considerou “un privilexio de clase” o que denominou “un aborto exprés no barrio de Flores”. Mencionou que, posteriormente, cargou, erradamente, coa “mochila da culpa”, xurdida da clandestinidade e da “mitoloxía relixiosa de corte patriarcal”.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Miss Bolivia, revolución de la canción Arquivado 19 de agosto de 2015 en Wayback Machine. Consultado o 26 de agosto de 2015
  2. La 'otra' Miss Bolivia Consultado o 26 de agosto de 2015
  3. Biografía de Miss Bolivia Consultado o 26 de agosto de 2015
  4. Tarifeño, Leonardo (19 de xuño de 2010). "La cultura joven a través de una rapera" (en español). La Nación. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2015. Consultado o 26 de agosto de 2015. 
  5. Biografía de Miss Bolivia Consultado o 26 de agosto de 2015
  6. Entrevista a Miss Bolivia: "Me inspiro de todos lados, incluso del vendedor del subte" Arquivado 31 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. Consultado o 26 de agosto de 2015
  7. Plaza, Gabriel (22 de marzo de 2015). "El festival Lollapalooza atrajo a unas 75.000 personas" (en español). La Nación. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2015. Consultado o 26 de agosto de 2015. 
  8. Varios ovarios: Entrevista a Miss Bolivia Consultado o 26 de agosto de 2015
  9. Boletín Año XVIII, Nº 1109 (31 de mayo de 2018). "ABORTO: 15º PLENARIO DE COMISIONES – 31 DE MAYO - TURNO TARDE" (en castelán). NOTIVIDA. Consultado o 1 de junio de 2018.