Misión organizativa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A misión dunha empresa, en xeral dunha organización (inclíndo relixiosa) é unha formulación breve que define o propósito de tal organización.

A misión ten sentido en tanto sexa coñecida polos stakeholders (involucrados directa ou indirectamente na organización ou potencialmente influentes sobre a organización), pois proporciona un marco obxectivo, sen ambigüidades nin malos entendidos, para entender o que se espera da organización, e o que espera a organización de cada un.

A declaración da misión é unha forma moi difundida e efectiva de comunicarlles a misión. A súa efectividade depende de dous aspectos principais:

  • O método de formulación da declaración, que non deixe fóra ningún aspecto esencial da misión da organización.
  • Acadar unha síntese da declaración nunha única frase.

Esta última característica é moi importante para unha difusión e absorción rápida e efectivado concepto. A única contra que se lle atribúe é a forma antiestética, complicada e antinatural que adoita adoptar a frase, que pode producir aversión, polo menos a primeira vez que se le.

Exemplos de misións[editar | editar a fonte]

  • "Proveer á sociedade de produtos e servizos superiores a través do desenvolvemento de innovacións e solucións que melloren a calidade de vida e satisfazan as necesidades dos clientes, e proveer aos empregados cun traballo con sentido e con oportunidades de progresar, e aos investidores cunha ratio de retorno superior" Merck
  • "Organizar a información do mundo e facela accesible universalmente e útil." Google

Formulación da misión[editar | editar a fonte]

Nunha empresa, o proceso de formulación da misión é un traballo directivo, que non debe ser delegado nunha área. Non é un traballo da área de recursos humanos, de mercadotecnia, de estratexia ou de control de xestión.

O obxectivo deste proceso é lograr un acordo directivo no obxectivo da organización e o xeito de procurar ese obxectivo.Como resultado deste proceso xorde unha declaración da misión. A declaración en si mesma non é o obxectivo do proceso, senón a "proba" de que se logrou acordo sobre a misión da companía.

Existen varias técnicas para a elaborar esta declaración. Todas elas procuran

  • a participación dos directivos, imprescindible para lograr un acordo xenuíno
  • percorrer a lista de stakeholders, para non deixar a ningún fóra
  • desenvolver unha lista longa de conceptos, para logo eliminalos deixando só os máis relevantes
  • dar forma de frase para facilitar a súa comunicación e comprensión

A natureza escrita a declaración da misión elimina a subxectividade e a ambigüidade que adoita existir entre os stakeholders. Nas companías sen declaración da súa misión, cada empregado adoita formular unha resposta diferente se se lle consulta sobre o obxectivo da empresa.

Resolución de conflitos entre stakeholders[editar | editar a fonte]

A misión pode usarse para resolver as diferencias entre distintos stakeholders da empresa, incluíndo empregados, xestores, accionistas, directores, clientes, proveedores, distribuidores, prestamistas, gobernos (local, estatal), sindicatos, competencia, ONGs e o público en xeral.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  • Hughes K. et al (2005). IT Fundamentals. Tertiary Press. Croydon, Victoria. ISBN 0-86458-488-1. (en inglés)