Misery (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Misery
Título orixinal Misery
Autor/a Stephen King
Orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Lingua Inglés
Xénero(s) Terror psicolóxico
Editorial Viking
Data de pub. 8 de xuño de 1987
Formato Impreso (tapas duras)
Páxinas 320
ISBN ISBN 978-0-670-81364-3

Misery é unha novela de terror psicolóxico de Stephen King que foi publicada en 1987. Esta novela foi nomeada ó Premio Mundial de Fantasía á mellor novela no ano 1988,[1] e foi adaptada posteriormente nun filme e nunha obra teatral homónima. Cando King estaba a escribir Misery en 1985, pensou en publicar o libro baixo o pseudónimo de "Richard Bachman", mais a identidade do pseudónimo foi descuberta antes do lanzamento.[2]

A novela céntrase na personaxe de Paul Sheldon, un famoso escritor de novelas románticas da era vitoriana creador da serie de Misery Chastain. Un día, é restacado dun accidente de coche por unha fanática tola polos seus libros, Annie Wilkes, que o leva ó seu fogar, e que unha vez que descobre o que lle ocorre a Misery na derradeira entrega, obrígalle a escribir un novo libro para cambiar a historia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Worlds Without End (ed.). "1988 Award Winners & Nominees". Consultado o 24 de xullo de 2009. 
  2. Delmendo, Sharon (1992). University of Georgia Press, ed. Styles of Creation: Aesthetic Thechnique and the Creation of Fictional Worlds. p. 177. ISBN 9780820314914. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]