Mirosław Hermaszewski
Mirosław Hermaszewski | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 15 de setembro de 1941 |
Lugar | Lipniki, Wołyń Voivodeship |
Falecemento | 12 de decembro de 2022 |
Actividade | |
Misións | Soiuz 30 e Saliut 6 |
Tempo no espazo | 7,92 días |
Premios | Heroe da Unión Soviética, Orde de Lenin, Medalla "Por Méritos na Exploración do Espazo", Silver Medal of Merit for National Defence, Gold Medal of Merit for National Defence, Bronze Medal of Merit for National Defence, Orden da Cruz de Grunwald 1ª clase, Medal of the 40th Anniversary of People's Poland, Commander of the Order of Polonia Restituta, Cross of Merit, Order of the Smile, Medal of Merit for National Defence, Awarding them Janek Krasicki, sen etiquetar, Bronze Medal "Armed Forces in the Service of the Homeland", Silver Medal "Armed Forces in the Service of the Homeland", Gold Medal "Armed Forces in the Service of the Homeland", Ordem da Cruz de Grunwald, Ordem da Polónia Restituta, Medal of the Armed Forces in the Service of the Fatherland, Gold Cross of Merit (Poland), Medal "For Strengthening of Brotherhood in Arms", Ordem de Scharnhorst e Medal Brotherhood in Arms |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Mirosław Hermaszewski, nado en Lipniki (Polonia) o 15 de setembro de 1941 e finado o 12 de decembro de 2022, foi o primeiro astronauta polaco. Formou parte da misión Soiuz 30.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Hermaszewski graduouse en 1965 na Alta Escola de Aviación en Demblin, despois do cal sirveu na Forza Aérea de Polonia. En 1971 graduouse na Academia Militar Karol Sverchevski. En 1976 foi seleccionado como cosmonauta para o programa Interkosmos xunto con Zenon Jankowski. Voou ao espazo en 1978, na misión Soiuz 30, xunto co cosmonauta soviético Piotr Illiich Klimuk, acoplándose á estación Saliut 6 e pasando un total de 7,92 días no espazo. Despois de 1978 Hermaszewski continuou servindo na Forza Aérea. Entre 1981 e 1982 foi membro do Consello Militar para a Salvación Nacional. Faleceu o 12 de decembro de 2022, con 81 anos de edade.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2020). "Hermaszewski, Miroslaw 'Mirek'" (en inglés). Consultado o 10 de maio de 2020.
- ↑ Elpais.cr, ed. (12 de decembro de 2022). "El primero y único cosmonauta de Polonia fallece a los 81 años" (en español). Consultado o 13 de decembro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mirosław Hermaszewski ![]() |