Saltar ao contido

Mirmecobíidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mirmecobíidos
 Nome taxon
    Myrmecobiidae
Imaxe
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeDasyuromorphia
FamiliaMyrmecobiidae Editar o valor en Wikidata
Waterhouse, 1841 Myrmecobiidae Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
ITIS552314 Editar o valor en Wikidata
OTT70809 Editar o valor en Wikidata
CoLD3S Editar o valor en Wikidata
EOL7627 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A dos mirmecobíidos (Myrmecobiidae) é unha familia de mamíferos marsupiais australidelfos, unha das tres recoñecidas dentro da orde dos dasiuromorfos.[1][2]

Esta familia conta cun só xénero, Myrmecobius, cunha única especie, Myrmecobius fasciatus,[1][2] antano difundida en todo o sur de Australia, pero que hoxe se encontra só nalgunhas zonas remotas do suroeste australiano, onde sobrevive en varias pequenas colonias. A súa diminución nos últimos tempos debeuse á destrución do seu hábitat e á depredación de animais introducidos polo ser humano en Australia, de tal xeito que hoxe se encontra en perigo de extinción.[3]

A especie é un emblema de Australia Occidental, e está protexida por programas de conservación.

Debido aos seus hábitos alimentarios (a súa dieta consiste exclusivamente en térmites), coñécese na bibliografía internacional, entre outros, cos nomes de mirmecobio, formigueiro marsupial ou numbat (un dos seus nomes en inglés).

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Tanto a familia como o xénero e a especie foron descritos polo naturalista inglés George Robert Waterhouse. A familia en 1841, nun traballo publicado en Nat. Hist. Marsup. or Pouched Animals (Naturalist's Libr.), 10: 60.[2]. O xénero e a especie en 1836, en Proc. Zool. Soc. Lond., 1836: 69.[4][5]

Etimoloxías

[editar | editar a fonte]
Familia

O nome da familia, Myrmecobiidae, formouse, como é a norma, sobre a raíz do nome do seu xénero tipo, Myrmecobius, coa adición da desinencia do latín científico -ĭdae, propia dos nomes das familias de animais.

Xénero

O nome do xénero, Myrmecobius, está formado polos elementos do latín científico mirmeco-, tirado do grego antigo μύρμηκος ‎mýrmēkos, xenitivo de μύρμηξ ‎mýrmēx, 'formiga', e -bius, derivado do grego antigo βίος ‎bíos, 'vida'. Literalmente, 'os que viven das formigas'.

Especie

O epíteto específico, fasciatūs, é o participio do verbo fasciō, derivado de fascia, 'venda', 'vendaxe', pero tamén 'franxa', 'banda', 'tira'. É dicir, que significa 'con franxas', 'con bandas'.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Como quedou dito, a especie Mirmecobius fasciatus é a única da familia. Nela recoñécense dúas subespecies:[5]

Familia Myrmecobiidae Waterhouse, 1841

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
  • McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
  • Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
  • Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
  • Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Dasyuromorphia en Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]