Mirka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mirka (Mikro-Rückkehrkapsel) ou Mirca (Micro Reentry Capsule) foi unha cápsula experimental de reentrada desenvolvida por Alemaña.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Mirka viaxou acaroada á nave Foton 8 e so foi activada ao final da misión desta, despois do acendido dos motores para reentrar na atmosfera. Mirka separouse da nave principal, iniciando a súa propia viaxe para estudar a reentrada atmosférica con varios experimentos a bordo:[1][2]

  • HEATIN, para medir a distribución de temperatura, presión e o fluxo de calor no escudo térmico durante a reentrada.
  • RAFLEX, para medir a presión aeroestática e aerodinámica no punto de estancamento e outras porcións da superficie da cápsula.
  • PYREX, para medir a temperatura no interior do escudo térmico.
  • HITZESCHILD, para probar o uso da estrutura exterior autosoportante como escudo térmico, aforrando peso.

Mirka foi desenvolvida por Kayser-Threde GmbH e DASA Jena-Optronik GmbH baixo contrato coa entón axencia espacial alemá DARA. Tiña forma esférica, cun diámetro de aproximadamente 1 m e unha masa total de 154 kg.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Mirka" (en inglés). Consultado o 20 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Mirka (Mirca)" (en inglés). Consultado o 20 de setembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]