Saltar ao contido

Miriam Rodríguez Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiriam Rodríguez Martínez
Biografía
Nacemento(es) Miriam Elizabeth Rodríguez Martínez Editar o valor en Wikidata
5 de febreiro de 1960 Editar o valor en Wikidata
Concello de San Fernando, México Editar o valor en Wikidata
Morte10 de maio de 2017 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
San Fernando, México Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDireitos humanos no México (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactivista polos dereitos humanos Editar o valor en Wikidata

Miriam Elizabeth Rodríguez Martínez, nada en San Fernado, Tamaulipas (México) o 5 de febreiro de 1960 e finada na mesma cidade o 10 de maio de 2017, foi unha activista dos dereitos humanos mexicana. Converteuse nunha dos moitos "Pais de nenos desaparecidos", (unha clase de vítimas do crime organizado, etiquetada así polos medios de comunicación locais) despois de que a súa filla fose raptada e asasinada. Miriam foi asasinada por homes armados que accederon á súa casa o 10 de maio de 2017.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Miriam Elizabeth Rodríguez Martínez naceu o 5 de febreiro de 1960 en San Fernando no estado mexicano de Tamaulipas.[1] A súa filla, Karen Alejandra Salinas Rodríguez, desapareceu en 2012.[2] Os restos de Karen foron finalmente descubertos en 2014.[3] Rodríguez perseguiu ós asasinos da súa filla durante anos. Algúns dos homes arrestados polo caso da súa filla fuxiron de prisión despois do seu arresto. Ademais de atopar a súa filla, esforzouse para axudar a outros pais cuxos nenos desapareceran, e de aí naceu a organización Colectivo de Desaparecidos.

Rodríguez foi asasinada o 10 de maio de 2017, día en que México celebra o día da nai. Recibiu 12 disparos dos homes armados que accederon á súa casa, e morreu de camiño ao hospital.[4][2] En solidariedade con ela, os manifestantes levantaron a súa voz en protesta o día que foi asasinada, solicitando ós gobernos mexicano e dos Estados Unidos que garantiran a seguridade dos defensores dos dereitos humanos.[5][6]