Mireia Montávez
Mireia | |
---|---|
![]() Mireia Montávez en 2014. | |
Nome completo | Mireia Montávez García |
Data nacemento | 25 de xuño de 1982 (41 anos) |
Nado en | Vila-seca, Tarragona ![]() |
Ocupación | cantante |
Instrumento(s) | Voz |
Na rede | |
http://www.labandademireia.es/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Mireia Montávez García, nada en Vila-seca (Tarragona) o 25 de xuño de 1982, é unha cantante española que saltou á fama como concursante da primeira edición de Operación Triunfo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tras o seu paso polo programa en 2001, formou parte do grupo Fórmula Abierta con tres dos seus compañeiros entre 2002 e 2005. Entre 2005 e 2009 foi unha das compoñentes de Sonora Group. En 2013 iniciou un novo proxecto co grupo La Banda de Mireia. En 2015 entrou a formar parte do grupo La Década Prodigiosa, que celebraba o seu 30 aniversario.
En outubro de 2016 participou en OT: El Reencuentro xunto aos seus 15 excompañeiros, unha serie de tres documentais e un gran concerto para rememorar os 15 anos da primeira edición do programa.
Discografía[editar | editar a fonte]
Fórmula Abierta[editar | editar a fonte]
- Aún hay más (2002)
- La verdad (2003)
- Fórmula 04 (2004)
La Banda de Mireia[editar | editar a fonte]
- La Banda de Mireia (2013)
La Década Prodigiosa[editar | editar a fonte]
- 30 años contigo (2015)
![]() |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |