Mira de axuste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mira de axuste Philips PM5544.

A mira de axuste é un sinal de proba de televisión que tipicamente se emite nas veces no que o transmisor está activo pero a estación non emite programación.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Mira de axuste usada pola BBC en 1934.
Mira de axuste de 1951.

A mira de axuste úsase desde o comezo da televisión, orixinalmente eran simples cartóns enfocados por unha cámara de televisón, despois pasaron a ser xerados por xeradores de sinais. A súa función é para a calibración, aliñación e axuste de cámaras e videocámaras e dos receptores, conteñen unha serie de elementos que permiten a inspección inmediata e rápida da calidade do sinal de televisión cando se observa sobre unha ponte de monitoreado composto por un monitor de imaxe, un monitor forma de onda e un vectoscopio.

Decadencia[editar | editar a fonte]

Ata a década de 1990 a mira de axuste era un sinal comunmente visto nas pantallas de televisión, normalmente acompañábaa un fondo musical, un ton ou a retransmisión dunha emisora de radio da mesma empresa que a canle de televisión, pero unha serie de factores fixeron que desaparecesen dos receptores: os modernos microcontroladores dos televisores modernos non precisan axustes, o uso de estándares dixitais de interconexión e de emisión, a substitución das válvulas electrónicas por outros elementos ou a emisión continua as vinte e catro horas das canles.

Porén algunhas emisoras do primeiro mundo seguen emitindo miras de axuste e en países subdesenvolvidos aínda son habituais. Tamén son correntes a súa utilización dentro dos estudios de televisión pois moitas emisoras aínda teñen infraestrura analóxica.