Mira Rai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mira Rai
Mira Rai 02.JPG
Nacemento31 de decembro de 1988
NacionalidadeNepal
Ocupaciónultramaratonista
editar datos en Wikidata ]

Mira Rai (en nepalés: मीरा राई) nada en Sanu Duma o 31 de decembro de 1988, é unha deportista nepalesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Só os seus irmáns homes puideron estudar e ela non tivo acceso a unha educación formal. Ós 11 anos transportaba sacos de arroz de 28 quilos a tres horas da súa vila para poder revendelos. Ós 14 anos decidiu unirse á guerrilla maoísta durante 7 meses, un grupo de ideoloxía comunista. Pero cando a guerra terminou en 2006, inscribiuse no programa de rehabilitación do goberno e seguiu correndo por diversión. Non contaba con comida, equipamento ou cartos e na súa primeira carreira esborrallouse. Despois mudouse a Katmandú e co adestramento dun profesor de karate, puido seguir adestrando. Correu na montaña até 80 quilómetros e foi patrocinada por Red Bull, quen tras gañar enviouna a competir en Europa.[1] É auspiciada pola marca Salomon, Red Bull, entre outras.[2] Entre os seus logros a carreira de 80 quilómetros Mont Blanc na que ten unha marca.[3]

Converteuse na atleta máis destacada do Nepal, actualmente está especializada en maratóns, ultramaratóns e correr pola montaña.[4] Filmouse un documental sobre os seus logros.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BBC (15 de novembro de 2015). "Mira Rai, la guerrillera que se convirtió en la atleta más prometedora de Nepal". Consultado o 15 de novembro de 2015. 
  2. carreraspormontana (1 de outubro de 2015). "Mira Rai". Consultado o 15 de novembro de 2015. 
  3. Merie Claire (6 de outubro de 2015). "Mira Rai de niña soldado a atleta". Consultado o 15 de novembro de 2015. 
  4. carreraspomontaña (15 de julio de 2015). "Mira Rai: de transportar arroz a sensación nepalí del trail running". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 15 de novembro de 2015. 
  5. "Mira Rai trailer". 2015. Consultado o 15 de novembro de 2015.