Mira Furlan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mira Furlan
Nacemento7 de setembro de 1955
LugarZagreb e Estados Unidos de América
Falecemento20 de xaneiro de 2021
LugarOs Ánxeles
CausaVirus do Nilo Occidental
NacionalidadeRepública Federal Socialista de Iugoslavia e Croacia
Educada enAcademy of Dramatic Art
Cónxuxe(s)Goran Gajić
Profesiónactriz, actriz de teatro, actriz de cinema, actriz de televisión e cantante
Na rede
https://mirafurlan.net/
IMDB: nm0001245 Allocine: 2465 Allmovie: p25371 TV.com: people/mira-furlan
Twitter: FurlanMira Musicbrainz: 32b16298-413b-46ec-88d9-8e4303874b9f Discogs: 847239 WikiTree: Furlan-32 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mira Furlan, nada o 7 de setembro de 1955 en Zagreb e finada nos Ánxeles o 20 de xaneiro de 2021,[1][2] foi unha actriz e cantante croata radicada nos Estados Unidos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Furlan naceu no seo dunha familia cun gran número de profesores universitarios en Zagreb, que entón formaba parte da antiga República Federal Socialista de Iugoslavia (na actualidade, capital de Croacia). Súa nai era croata-xudía e seu pai de orixe eslovena-croata.[3]

Graduouse na Academia de Artes Dramáticas en Zagreb e conseguiu un título universitario, equivalente a un B.F.A., en teatro[3]

Foi membro do Teatro Nacional Croata e apareceu con frecuencia en filmes e televisión iugoslava, incluíndo a obra gañadora do Festival de Cannes en 1985, Otac na službenom putu.

Por mor das circunstancias políticas na súa terra natal, emigrou ós Estados Unidos xunto co seu marido, Goran Gajić, en novembro de 1991.

Fíxose coñecida nos Estados Unidos por interpretar o papel de Delenn, a embaixadora Minbari, nos 111 episodios da serie de televisión de ciencia ficción Babylon 5 (1993-1998) e nas dúas películas de televisión.[1] O recoñecemento internacional chegoulle da man do papel de Danielle Rousseau na serie de televisión da ABC Lost, interpretado entre 2004 e 2010.[1]

En 1998, publicou Songs From Movies That Have Never Been Made, un CD que suspuxo a súa incursión na música como cantante.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Díaz, Johnny (22 de xaneiro de 2021). "Mira Furlan, Actress on ‘Lost’ and ‘Babylon 5,’ Dies at 65". nytimes.com (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2021. 
  2. Redacción (22 de xaneiro de 2021). "Muere a los 65 años Mira Furlan, actriz de 'Perdidos' y 'Babylon 5'". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 ""Lost" Actress Finds New Life in Hollywood" (en inglés). 10 de abril de 2006. Archived from the original on 27 de maio de 2012. Consultado o 24 de xaneiro de 2021. 
  4. "Mira Furlan". discogs.com (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]