Mira Filzah
Mira Filzah | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 4 de abril de 1993 |
Lugar de nacemento | Ipoh |
Nacionalidade | Malaisia |
Relixión | Islam |
Alma máter | Universiti Teknologi MARA |
Ocupación | actriz |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Nur Amirah binti Filzah Badioezaman, nada en Ipoh o 2 de abril de 1993 é unha modelo, actriz e empresaria malaisiana, unha das artistas femininas máis populares do país [1] [2].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mira Filzah principiou como modelo con 17 anos[3]e comezou a actuar en 2013 protagonizando a serie de televisión Dunia Lola. Non obstante, deixou a súa carreira artística durante dous anos para centrarse nos seus estudos de negocios internacionais na Universidade Tecnolóxica MARA, onde se graduou en 2016 [4] e volveu á interpretación en 2015 cun papel na serie Eksperimen Cinta e no telefilm Din Sardin (2015), esta última participación aumentou a súa popularidade, ao se facer viral unha imaxe súa vestida co uniforme oficial da policía de tráfico[5].
En 2016 protagonizou en TV3 a serie Cinta Si Wedding Planner xunto co actor singapuriano Ady Putra e que se converteu nun éxito ao que seguiu un telefilme especial, Cinta Si Wedding Planner Raya. En 2018 rodou a súa primeira película para o cinema, Rise: Ini Kalilah que protagonizou xunto a Remy Ishak e Sangeeta Krishnasamy e que se estreou o 13 de setembro[6]. Ao ano seguinte apareceu no seu segundo filme, Sangkar de Kabir Bhatia e Zul Ariffin e Remy Ishak, que se estreou o 29 de agosto de 2019 e que constitúe o primeiro filme malaisiano de artes marciais mixtas[7]. Mira volveu emparellarse con Remy Ishak nas series Lelaki Kiriman Tuhan e Pujaan Hati Kanda de Slot Akasia TV3.
En agosto de 2019, Mira interpretou o papel de Puteri na serie Sweet Dreams[8]que protagonizou xunto con Ben Amir e que tamén contou no elenco a Sean LJE, Datin Nina Juren, PU Azman, Yuna Rahim, Nasz Sally, Yusuf Bahrin, Didi Astillah e Roy Azman.
Como empresaria lanzou oito tipos de lapis de labios baixo licenza de Mora Cosmetics[9] usando a marca Mora Essential.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Sudirman Mohd Tahir Artis wanita paling laris Harian Metro, 28 de decembro de 2019.
- ↑ "Mira Filzah mahu jadi pelakon terbaik". Berita Harian. 19 de setembro de 2019.
- ↑ "Biodata Mira Filzah" Iluminasi, 2 de novembro de 2018
- ↑ "Mira Filzah terima sarjana muda kepujian". Berita Harian. 27 de abril de 2016.
- ↑ "Foto Beruniform JPJ Jadi Viral Beri Rezeki Mira Filzah". Mstar. 6 de outubro de 2015.
- ↑ Mumtaj Begum. ‘Rise: Ini Kalilah’ captures the spirit of New Malaysia Arquivado 15 de agosto de 2019 en Wayback Machine. Star2, 14 de setembro de 2018.
- ↑ "Fists Up! Malaysia's First MMA Film 'Sangkar' Is Coming Soon". Rojak Daily. 17 de xullo de 2019.
- ↑ Farhana Ab. Rahman. Mira Filzah belajar kawal emosi Berita Harian, 23 de agosto de 2019
- ↑ "Mira sentiasa cari peluang". My Metro. 30 de agosto de 2017.