Miodrag Belodedici
![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de maio de 1964 ![]() Socol, Romanía (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 75 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1982 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Romanía ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2000 | Eurocopa de 2000 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1996 | Eurocopa de Fútbol Inglaterra 1996 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1994 | Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994 ![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() |
Miodrag Belodedici, nado en Socol o 20 de maio de 1964, é un exfutbolista romanés de etnia serbia que xogaba como centrocampista.
Desenvolveu a maior parte dos seus 19 anos de carreira profesional no Steaua București, co que gañou numerosos títulos, entre eles seis ligas romanesas, cinco Copas de Romanía e a primeira das súas dúas Copas de Europa. En 1990 gañou unha segunda Copa de Europa co Estrela Vermella de Belgrado, converténdose no primeiro futbolista en xogar e gañar dúas finais do torneo con dous clubs diferentes, e no único xogador en conquistar o trofeo con dous equipos diferentes de Europa do Leste. Tamén xogou nas primeiras divisións de España e México.
Foi 55 veces internacional coa selección romanesa, coa que participou no Mundial de 1994 e nas Eurocopas de 1996 e 2000.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Naceu na comuna romanesa de Socol, no seo dunha familia de etnia serbia.[2] Falou só serbio ata a escola primaria e completou os seus primeiros catro cursos nesa lingua.[2] En quinto comezou a aprender a lingua romanesa, que finalmente dominou coa axuda dos seus compañeiros nas categorías inferiores da selección romanesa Gavril Balint e Gheorghe Hagi.[2] Aos 14 anos ingresou na canteira do Minerul Moldova Nouă, sendo o seu primeiro adestrador Olimp Mateescu. Tres anos despois fichou polo Luceafărul București, equipo creado pola Federación Romanesa de Fútbol co propósito de reunir a todas as grandes promesas do país nun só equipo.
Seteaua
[editar | editar a fonte]No verán de 1982 foi fichado polo Steaua București, sendo elixido polo propio presidente do club, Ion Alecsandrescu. Rematou a súa primeira tempada na Divizia A con 17 partidos e nos seguintes anos consolidouse na titularidade, conquistando cinco ligas nacionais consecutivas, incluíndo catro Copas de Romanía.
Na tempada 1985/86 disputou completos todos os partidos do seu equipo na Copa de Europa, incluídos os 120 minutos da final contra o FC Barcelona no Ramón Sánchez Pizjuán de Sevilla, onde formou no centro da defensa xunto a Adrian Bumbescu, converténdose o Steaua no primeiro equipo de Europa Oriental en erguer o titulo.
Tamén foi titular na posterior conquista da Supercopa de Europa, contra o Dinamo de Kíiv de Valerii Lobanovskyi.
Estrela Vermella de Belgrado
[editar | editar a fonte]En 1988 deixou Romanía e trasladouse á República Federal Socialista de Iugoslavia, onde fichou polo Estrela Vermella de Belgrado. Con todo, durante o seu primeiro ano tivo que xogar sen contrato legal e só en partidos amigables, xa que as autoridades romanesas falsificaron o seu contrato de xogador profesional e a UEFA suspendeuno durante un ano baseándose nos datos proporcionados. O goberno de Nicolae Ceaușescu declarouno culpable de traizón e condenouno a dez anos de prisión in absentia, cargos que foron retirados despois da Revolución romanesa de 1989.
En 1989 recibiu luz verde para xogar no Estrela Vermella e axiña se fixo coa titularidade. Gañou tres veces a Primeira Liga de Iugoslavia e unha Copa de Iugoslavia e na tempada 1990/91 conquistou por segunda vez a Copa de Europa, tras derrotar na quenda de penaltis da final ao Olympique de Marsella no estadio San Nicola de Bari. Converteuse así no segundo futbolista en gañar o título con dous equipos diferentes, despois de Saul Malatrasi, e o primeiro en facelo xogando ambas finais (pois Malatrasi non disputou a final de 1965). Foi titular tamén na Copa Intercontinental que o seu club conquistou no Estadio Nacional de Toquio ante o Colo-Colo chileno.
España
[editar | editar a fonte]Para a tempada 1992/93 fichou polo Valencia CF, co que disputou un total de 60 partidos oficiais en dous anos. En 1994 pasou ao Real Valladolid, co que rematou a tempada no 19º posto, evitando o descenso grazas á ampliación da Primeira división de 20 a 22 clubs. Pasou a súa última tempada en España nas filas do Villarreal, da Segunda División.
Últimos anos
[editar | editar a fonte]Entre 1996 e 1998 militou no Atlante FC mexicano. A continuación, con 34 anos, regresou ao Steaua, co que gañou unha Supercopa de Romanía, unha Copa e unha nova liga romanesa.
Retirouse do fútbol en xuño de 2001, cun balance de 235 partidos na máxima categoría de Romanía (21 goles) e 12 títulos no país. Posteriormente, traballou na Federación Romanesa de Fútbol, como coordinador das categorías inferiores da selección.
Selección romanesa
[editar | editar a fonte]
Belodedici debutou coa selección romanesa o 31 de xullo de 1984, aos 20 anos, nun amigable que o seu equipo gañou por 1-0 contra a China. Marcou tres dos seus cinco goles internacionais en 1987, un deles nun partido de clasificación para a Eurocopa de 1988 contra Albania (vitoria por 5-1 en Bucarest).
Debido á súa saída de Iugoslavia foi excluído da selección nacional durante máis de tres anos. Volveu a tempo para ser seleccionado para o Mundial de 1994 nos Estados Unidos, onde disputou todos os partidos do seu equipo. Nos cuartos de final contra Suecia errou o seu lanzamento na quenda de penaltis ante o gardameta Thomas Ravelli, o que supuxo a eliminación de Romanía.[3] Participou tamén nas Eurocopas de 1996 e 2000, chegando aos cuartos de final nesta última.
Honras
[editar | editar a fonte]- Steaua București
- Divizia A (6): 1984/85, 1985/86, 1986/87, 1987/88, 1988/89, 2000/01.
- Copa de Romanía (5): 1984/85, 1986/87, 1987/88, 1988/89, 1998/99.
- Supercopa de Romanía (1): 1998.
- Copa de Europa (1): 1985/86.
- Supercopa de Europa (1): 1986.
- Estrela Vermella
- Primeira Liga de Iugoslavia (3): 1989/90, 1990/91, 1991/92.[4]
- Copa de Iugoslavia (1): 1989/90.[5]
- Copa de Europa (1): 1990/91.
- Copa Intercontinental (1): 1991.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Miodrag Belodedici - International Appearances". rsssf.org (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2025.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Bogavac, Olivera (28 de marzo de 1990). "Miodrag Belodedić". Tempo (en serbio) (1257): 11.
- ↑ "There Once Was a Man Named Ravelli . . . : Sweden: Goalkeeper’s performance against Romanian penalty kicks seems like the stuff of legends.". Los Angeles Times (en inglés). 11 de xullo de 1994. Consultado o 28 de maio de 2025.
- ↑ "Yugoslavia - List of Final Tables". rsssf.org (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2025.
- ↑ "Yugoslavia/Serbia (and Montenegro) - Cup Finals". rsssf.org (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2025.
- ↑ "Intercontinental Club Cup 1991". rsssf.org (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2025.
- Nados en 1964
- Nados en Romanía
- Futbolistas de Romanía
- Defensas de fútbol
- Xogadores do FC Steaua București
- Xogadores do Estrela Vermella de Belgrado
- Xogadores do Valencia CF
- Xogadores do Real Valladolid
- Xogadores do Villarreal CF
- Xogadores do CF Atlante
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA
- Xogadores da selección de fútbol de Romanía
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1994