Minoría étnica
| Minoría étnica | |||
|---|---|---|---|
| |||
| Wikidata C:Commons |

Unha minoría étnica é un sector da sociedade que se distingue pola súa lingua, dialecto, relixión, cultura ou orixe histórica. Estas diferenzas a miúdo, constitúen o motivo para que sexan, ou se sentan discriminados pola sociedade maioritaria. Os grupos étnicos minoritarios poden identificarse con certos territorios, poden ter ou non unha estrutura organizada, ou a súa cohesión pode estar baseada só nas relacións propias da súa calidade como grupo étnico.
Existen grupos étnicos minoritarios recoñecidos oficialmente polo goberno dun país, como os va, da República Popular da China. Minorías históricas repartidas por todo o mundo, como os menonitas, ou os xitanos, unha das máis antigas de Europa.[1]
No caso de que a minoría étnica practique unha relixión minoritaria, devandita correlación pode exacerbar aínda máis os problemas de marxinación, segregación relixiosa e outros tipos de discriminacións por motivos relixiosos.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Minorías étnicas en España - Universidad de Alicante" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2014. Consultado o 15 de decembro de 2014.
- ↑ Ochab, Ewelina U. (16 de xaneiro de 2019). "How Religious Persecution Exacerbates The Vulnerabilities Of Marginalized Groups". Forbes (Forbes.com). Consultado o 25 de novembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Minoría étnica |