Minas de sal de Wieliczka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 49°58′45″N 20°03′50″L / 49.97917, -20.06389

Minas de sal de Wieliczka
Wieliczka-saltmine-kinga.jpg
Capela de Santa Kinga, na profundidade da mina de sal de Wieliczka.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísPolonia
Localización49°58′45″N 20°3′50″L / 49.97917, -20.06389
CriteriosIV
Inscrición1978
Identificador32

As minas de sal de Wieliczka, na cidade polaca de Wieliczka, pertencente á área metropolitana de Cracovia, foron explotadas sen interrupción desde o século XIII, e aínda hoxe en día seguen a producir sal de mesa. Alcanzan unha profundidade de 327 metros e a súa lonxitude supera os trescentos quilómetros. Reciben o sobrenome de "a catedral subterránea do sal de Polonia".

Descrición[editar | editar a fonte]

Trátase dunha das minas de sal activas máis antigas do mundo, sendo a máis antiga a que está en Bochnia, tamén en Polonia, a vinte quilómetros de Wieliczka.

Estas minas inclúen un percorrido turístico de 3,5 quilómetros que contén estatuas de personaxes míticos e históricos, esculpidos na rocha de sal polos mineiros. Incluso os cristais dos candelabros están feitos de sal. Tamén hai cámaras e capelas escavadas no sal, un lago subterráneo e exposicións que ilustran a historia da minería do sal. Recibe uns 800.000 visitantes ao ano.

Ao longo dos séculos célebres personaxes visitaron as minas, entre os que cabe citar a Nicolás Copérnico, Johann Wolfgang von Goethe, Alexander von Humboldt, Dimitri Mendeleyev, Ignacy Jan Paderewski, Robert Baden-Powell, Karol Wojtyła, Bill Clinton, así como moitas testas coroadas.

Durante a segunda guerra mundial os alemáns usaron as minas como almacén de guerra.

As galerías labirínticas das minas inspiraron ao escritor polaco Bolesław Prus varias escenas da súa novela histórica Faraón (1895).

En 1978 as minas de sal de Wieliczka foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Halita das minas de sal de Wieliczka

Covas irmás[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lista de covas irmás a Frasassi en www.frasassi.com". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2009. Consultado o 16 de marzo de 2010. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jerzy Grzesiowski, Wieliczka: kopalnia, muzeum, zamek (Wieliczka: as minas, o museo, o castelo), 2ª ed., corrixida e aumentada, Varsovia, Sport i Turystyka, 1987, ISBN 83-217-2637-2.
  • Christopher Kasparek, "Prus' Pharaoh and the Wieliczka Salt Mine," The Polish Review, 1997, no. 3, pp. 349–55

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]