O Minarete de Jam é un lugar declarado Patrimonio da Humanidade que se atopa no oeste de Afganistán. Está situado nunha rexión remota e case inaccesible do distrito de Shahrak, na provincia de Ghor, xunto ao río Hari. O minarete ten 65 m[1] ou 62 m de altura,[2] e foi construído arredor de 1190 integramente con ladrillos cocidos e é famoso pola súa intricada decoración de ladrillos, estuco e tellas esmaltadas, que consiste en bandas alternas de caligrafíacúfica e naskhi, patróns xeométricos e versos do Corán. Dende o ano 2002, o minarete está clasificado na lista do Patrimonio Mundial en Perigo, debido á grave ameaza de erosión e a que non foi preservada activamente.[3] En 2014, a BBC informou de que a torre estaba en perigo inminente de colapso.[4]
En 2020, o Minarete de Jam foi catalogado entre os sitios do patrimonio cultural do mundo islámico pola Organización Islámica para a Educación, a Ciencia e a Cultura (ICESCO). Segundo o Ministerio de Asuntos Exteriores afgán, o Minarete de Jam é o primeiro sitio de patrimonio cultural de Afganistán catalogado polo ICESCO.[5]
Freya Stark: The Minaret of Djam, an excursion in Afghanistan, Londres: John Murray, 1970
Dan Cruickshank (ed.), Sir Banister Fletcher's A History of Architecture, Twentieth edition, Architectural Press 1996, ISBN0-7506-2267-9
Herberg, W. with D. Davary, 1976. Topographische Feldarbeiten in Ghor: Bericht über Forschungen zum Problem Jam-Ferozkoh. Afghanistan Journal 3/2, 57–69.
Maricq, A. & G. Wiet, 1959. Le Minaret de Djam: la découverte de la capitale des Sultans Ghurides (XIIe-XIIIe siècles). (Mémoires de la Délégation archéologique française en Afghanistan 16). París.
Sourdel-Thomine, J., 2004. Le minaret Ghouride de Jam. Un chef d'oeuvre du XIIe siècle. París: Memoire de l'Academie des Inscriptions et Belles Lettres.
Thomas, D.C., & A. Gascoigne, in press. Recent Archaeological Investigations of Looting at Jam, Ghur Province, in J. van Krieken (ed.) Afghanistan’s Cultural Heritage: its Fall and Survival. Leiden: E.J. Brill.