Mina de Jwaneng

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 24°31′23″S 24°42′07″L / -24.52306, -24.70194

Mina de Jwaneng.

A mina de Jwaneng é a mina de diamantes máis rica do mundo[1] e atópase no centro sur de Botswana a uns 120 km ó oeste da cidade de Gaborone, no val do río Naledi do Kalahari. Jwaneng, que quere dicir "lugar de pequenas pedras", é propiedade de Debswana, unha sociedade empresarial entre a compañía inglesa De Beers e o goberno de Botswana. É a segunda mina máis nova das catro operadas pola compañía, comezando as súas operacións en 1982.

Jwaneng é unha mina a ceo aberto. Cada ano, produce 9,3 millón de toneladas de mena e 37 millóns de toneladas de rochas. A mina atópase na converxencia de tres chemineas de kimberlita, cubrindo 520 000 metros cadrados de superficie. No presente, a mina produce preto de 11 millóns de quilates (2 200 kg) de diamantes.[2] A mena aproveitable da mina supón 1,25 quilates por tonelada (250 mg/t). No 2005, as reservas da mina permiten manter a produción durante 27 anos. A alta proporción de extracción de diamantes, combinada coa súa alta calidade fan da mina de Jwaneng a máis rica do mundo en función do valor dos diamantes recuperados.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Inside the world's richest diamond mine - CNN.com". CNN. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  2. "The state of 2013 global rough diamond supply". Resource Investor. 22 de xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2013. Consultado o 4 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]