Mikra Anglia
| Mikra Anglia | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
Mikra Anglia (en grego: Μικρά Αγγλία) é un filme grego de 2013 dirixido por Pantelis Voulgaris. O filme baséase na novela homónima de Ioanna Karystiani, a muller de Voulgaris, e está protagonizado por Pinelopi Tsilika, Sofia Kokkali, Aneza Papadopoulou e Andreas Konstantinou. A trama xira arredor de dúas irmás, Orsa e Moscha da illa de Andros, chamada Little England pola súa riqueza, que están ambas namoradas de Spyros; comeza no período de entreguerras e remata na década dos 50.
O filme tivo éxito comercial en Grecia, xa que foi o segundo filme máis exitoso de 2013 e o primeiro entre os filmes gregos. Mikra Anglia tamén tivo éxitos na crítica do país e no estranxeiro. Foi nomeado a trece premios da Academia de Cinema Helénico e gañou seis, incluído o premio ao mellor filme. A nivel internacional, dominou no Festival Internacional de Cine de Xangai de 2014, gañando tres premios Golden Goblet á mellor longametraxe, mellor director e mellor actriz, e tamén estivo nomeado a un Premio Satellite ao mellor filme en lingua non inglesa. Mikra Anglia foi escollido como candidato de Grecia para o Óscar ó mellor filme internacional na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Pinelopi Tsilika como Orsa Saltaferou
- Sofia Kokkali como Moscha Saltaferou
- Aneza Papadopoulou como Mina Saltaferou
- Andreas Konstantinou como Spyros Maltabes
- Maximos Moumouris como Nikos Vatokouzis
- Vasilis Vasilakis como Savvas Saltaferos
- Christos Kalavrouzos como tío Aimilios
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Grivas, Alexis (9 de setembro de 2014). "Greece enters Oscar race with Little England". Screendaily. Emap International Limited. Consultado o 25 de novembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mikra Anglia na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)