Saltar ao contido

Mikoyan MiG-35

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mikoyan MiG-35
Tipocaza multirrol
Deseñado porMikoyan
Primeiro voodecembro de 2016
Introducido17 de xuño de 2019
Estadoen servizo
Principais usuariosForza Aérea de Rusia
Produción2016 - presente
Unidades construídas8

O Mikoyan MiG-35 (ruso: Микоян МиГ-35; designación OTAN: Fulcrum-F) é un caza multirrol ruso deseñado por Mikoyan, unha división de United Aircraft Corporation (UAC). Comercializado como un caza de xeración 4++, é un desenvolvemento dos cazas MiG-29M/M2 e MiG-29K/KUB.[1][2] Segundo fontes da industria da defensa rusa o Mikoyan MiG-35 é esencialmente unha variante mellorada do MiG-29KR.[3][4] Moitos consideran MiG-35 un novo nome dado por Mikoyan para a súa comecialización.[5][6][7][8][9] O primeiro prototipo foi unha modificación do demostrador MiG-29M2 e que recibiu o nome temporal de MiG-35, pero un prototipo posterior era un modelo diferente con equipamento distinto que serviu como base para o MiG-35 actual. Mikoyan presentou oficialmente o MiG-35 ao público internacional durante o festoval aéreo de Moscova de 2017;[10] os primeiros dous exemplares de produción entraron en servizo no ano 2019.[7]

A versión monopraza desígnase MiG-35S e a bipraza MiG-35UB.[9] O caza ten aviónicas e un sistema de armas moi mellorados en comparación coas prmeiras variantes do MiG-29, destacando unha nova capacidade de guiado ao obxectivo de precisión e o sistema de localización óptica de deseño exclusivo, que libera á aeronave de depender de sistemas de intercepción controlados dende terra e permítelle realizar misións multirrol independentes. O avión de serie usa un radar PESA e tamén existe a opción de instalar un radar AESA.[7][4] Os avións de serie non teñen un control vectorial de pulo como se planeara anteriormente.[11]

  1. "MiG-35/35D". roe.ru. Consultado o 2022-03-12. 
  2. "- MiG-35/MiG-35D". web.archive.org. 2007-09-27. Archived from the original on 27 de setembro de 2007. Consultado o 2022-03-12. 
  3. Brown, Daniel. "7 photos of the MiG-35, a highly maneuverable fighter jet that Russia hopes will keep the MiG corporation in business". Business Insider (en inglés). Consultado o 2022-03-12. 
  4. 4,0 4,1 Mader, Georg (2019-03-07). "What does the MiG-35 bring to air combat? Interview with Anastasia Kravchenko". Defence IQ (en inglés). Consultado o 2022-03-12. 
  5. "Why Indian Air Force Continues To Reject Russian MiG-35 'Advanced Jets'?". Latest Asian, Middle-East, EurAsian, Indian News (en inglés). 2020-08-10. Consultado o 2022-03-12. 
  6. "Mig 35, F16 or Gripen: Which is the better choice for the IAF?". Sify (en inglés). Consultado o 2022-03-12. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Lake, Jon. "MiG-35 Deliveries Draw Close". Aviation International News (en inglés). Consultado o 2022-03-12. 
  8. Francis, Xavier (2020-08-28). "Russia To Deploy MiG-35 Jets in Syria; Keen To Woo Potential Customers Including India & Malaysia". Latest Asian, Middle-East, EurAsian, Indian News (en inglés). Consultado o 2022-03-12. 
  9. 9,0 9,1 Newdick, Thomas. "Why Russia’s MiG-35 Is Starting To Look Like A Dead Duck". The Drive (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2020. Consultado o 2022-03-12. 
  10. "New MiG-35 prototypes". EDR Magazine (en inglés). Consultado o 2022-03-12. 
  11. "MiG-35 fighter jet. Dawn of the legend". Consultado o 2022-03-12.