Saltar ao contido

Mikoyan-Gurevich MiG-25

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mikoyan-Gurevich MiG-25
 Nome orixinal
    МиГ-25 (ru)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Uso
Características
 Obra derivada
 Impulsado por
 Armamento
AA-6 Acrid (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Desenvolvedor/a
 Fabricante
Mikoyan
Sokol (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
 Entrada en servizo
1970 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
5 de marzo de 1964 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Cifras e dimensións
 Total producido
   1.190 Editar o valor en Wikidata
 Altura
   6,1 m Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
19,75 m
21,33 m Editar o valor en Wikidata
 Envergadura
14,01 m
12,5 m Editar o valor en Wikidata
 Altitude operacional
   20.700 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/01kvt3 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O Mikoyan-Gurevich MiG-25 (designación OTAN: Foxbat) é un avión de recoñecemento e interceptor de alta velocidade deseñado e producido na Unión Soviética pola oficina de deseño Mikoyan-Guverich, sendo un dos poucos avións de combate feito principalmente de aceiro inoxidábel. Foi o derrradeiro avión deseñado por Mikhail Gurevich antes de retirarse.[1]

O primeiro prototipo voou o 6 de marzo de 1964 e o avión entrou en servizo en 1970. Tiña unha velocidade máxima operacional de Mach 2,83 (podíase chegar a Mach 3,2 pero con risco de causar un dano significante ao avión e aos motores) e contaba cun potente radar e catro mísiles aire-aire. Cando foi visto por primeira vez nunha fotografía de recoñecemento, as súas longas ás suxerían un enorme caza de gran manobrabilidade, nun momento no que as teorías de deseño estadounidenses tamén evolucionaban cara avións máis manobrables pola experiencia en combate da guerra de Vietnam. A aparición do Foxbat causou conmoción entre os analistas militares e observadores estadounidenses, que pediron apurar o desenvolvemento do F-15 Eagle a finais dos anos 60. Os occidentais entenderon mellor as capacidades do avión en 1976, cando o piloto soviético Viktor Belenko desertou nun MiG-25 aos Estados Unidos a través do Xapón. O peso do avión requiría grandes ás.

A produción da serie MiG-25 rematou no ano 1984 despois de fabricarse 1 190 exemplares. Foi un símbolo da Guerra fría e voou con diversas forzas aéreas de países do bloque soviético, e na actualidade aínda permanece en servizo limitado nalgúns países. É un dos avións militares que máis alto pode voar[2] e o segundo máis rápido producido en serie, despois do SR-71 de recoñecemento que foi fabricado en moita menor cantidade.[3]

  1. L. Egenburg, A. Saweljew (1993). "Das G im Wörtchen "MiG": Michail Josifowitsch Gurjewitsch". Fliegerrevue. 5. ISSN 0941-889X.
  2. "Powered Aeroplanes". web.archive.org. 2016-05-10. Archived from the original on 10 de maio de 2016. Consultado o 2020-12-27.
  3. "Global Aircraft -- Top 50 Fastest Aircraft". www.globalaircraft.org. Consultado o 2020-12-27.